O Pazo de San Marcos acolleu hoxe a presentación oficial da 26ª edición da multitudinaria cita gastronómica organizada polo Concello coa presenza da voceira socialista do Goberno provincial e Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, o Alcalde fonsagradino e a delegada territorial de Turismo da Xunta
Lugo, 8 de febreiro de 2023. A Deputación de Lugo colabora un ano máis co Concello da Fonsagrada para impulsar unha nova edición da Feira do Butelo, unha cita que, ano tras ano, congrega a miles de persoas neste concello da Montaña lucense para exaltar a calidade dun produto tradicional. A Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos acolleu este mércores a presentación oficial da 26ª edición do evento, que se celebra este fin de semana, un acto que contou coa presenza da Voceira socialista do Goberno provincial e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Alcalde fonsagradino, Carlos López, e a delegada territorial de Turismo da Xunta, Paloma Vázquez.
Durante o sábado e o domingo sucederanse diferentes actos que permiten dar a coñecer este produto cárnico do que, na última edición, consumíronse uns 10.000 quilos.
A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo subliñou que se trata “dunha feira que non deixa de medrar como un dos atractivos turísticos e de ocio do inverno da nosa provincia”, asegurando que a puxanza deste encontro é froito do traballo conxunto entre o Alcalde e o seu equipo, e o labor “de gandeiros, de empresas cárnicas, de distribuidores ou da hostalería do concello da Fonsagrada”.
Pilar García Porto destacou neste sentido que o apoio a este tecido de autónomos e PEMES “é un dos eixos da nosa acción de Goberno. Facémolo dende o convencemento de que son eles os que manteñen a actividade económica no rural e aportan unha importante porcentaxe ó PIB da provincia. Ademais, dende un punto de vista social, resultan imprescindibles para manter o equilibrio territorial e desenvolver proxectos que axuden a fixar poboación no rural.
“A promoción dos nosos excelentes e variados produtos locais é un elemento fundamental para dinamizar a nosa economía e para promover a nosa provincia como destino para visitantes de fóra. A Feira do Butelo da Fonsagrada, declarada de Interese Turístico Galego, é xa unha das grandes referencias dentro dun calendario que busca a desetacionalización, ofrecerlle todo ano ós visitantes citas e produtos atractivos”, afirmou a Deputada.
A voceira socialista do Goberno augurou que, como en anos anteriores, “esta fin de semana milleiros de persoas da provincia de Lugo, de Galicia e doutros puntos de España achegaranse á Fonsagrada para degustar este produto estrela, de alta calidade e de enorme personalidade, que é un exemplo extraordinario da nosa tradición culinaria”.
Butelo de Ouro
A XXVI Feira do Butelo recoñecerá o traballo de 14 veciñas da Fonsagrada que, con material adquirido polo Concello, realizaron mascarillas para a veciñanza. O Alcalde asegurou que se trata de “recoñecer o traballo destas persoas, que agradece agora a veciñanza fonsagradina polo seu esforzo nos peores momentos da crise sanitaria”.
As persoas que se acheguen á feira poderán visitar algún dos máis de 70 postos de artesanía e gastronomía, onde se poderán catar produtos como o butelo ou o mel, así como tres postos das industrias cárnicas locais que elabora o butelo. “A Fonsagrada conta con máis de 200 prazas hoteleiras e unhas 1.000 de restauración, o que nos permite ter unha gran capacidade nunha vila de apenas 5.000 habitantes”, destacou Carlos López.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



