Patricia Otero lamenta o “empecinamento” do goberno galego para “non querer recuperar as áreas sanitarias”, co que empeoran a atención sanitaria e afastan o servizo á cidadanía
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2023. A parlamentaria socialista Patricia Otero esixiulle hoxe ao goberno galego que recupere a área sanitaria da Mariña, suprimida coa última reforma da Lei de Saúde por parte do PP en 2017, convertendo ao Hospital da Costa nun distrito sanitario dependente de Lugo. Otero presentou unha pregunta oral ao goberno galego en Comisión coa que, dixo, “séguense a rir dos veciños e das veciñas da Mariña”.
A responsable socialista lamentou o “empecinamento” por parte do goberno galego por “non querer recuperar ás áreas sanitarias”, e sinalou que “non é certo que melloren servizos, os acheguen á cidadanía nin blinden os hospitais comarcais”. Otero amosou a súa sorpresa por que a xerente do Sergas afirmara que con esta medida achegaran os servizos, e dixo que desprazarse ao Hospital de Lugo “non é achegar, lembre as leccións de Barrio Sésamo”.
Explicou que logo da decisión de suprimir a área sanitaria os veciños e veciñas da Mariña teñen que padecer listas de agarda de ata 2 e 3 anos en cardioloxía, traumatoloxía, uroloxía ou reumatoloxía, ademais de desprazarse a Lugo para facer probas como radiografías panorámicas dentais, densiometrías, electromiografías, intervencións de varices ou implantación de marcapasos.
Neste momento, engadiu, carecen de servizos “básicos” como consulta de cirurxía vascular, terapia ocupacional ou fisioterapia respiratoria infantil, nun hospital que agora carece de unidade de prevención de suicidios, hospital de día infantoxuvenil ou unidade de agudos, que “si que tería de contar con área sanitaria propia” Ademais, “segue sen haber logopeda no servizo público” co que “a realidade é que a supresión da área sanitaria só provocou a perda de servizos”.
Patricia Otero afeoulle ao PP que amparen “as maiores afrontas cara esta comarca”, que mesmo provocaron dimisións entre a directiva do Hospital, como a do xerente do Hospital da costa ou da directora de Enfermaría, derivadas das “falsidades e mentiras do goberno galego, que aseguraba que ía manter a autonomía da xestión”.
Lembrou que o propio Balseiro, deputado do PP da zona, asinara unha iniciativa en 2013, cando era primeiro tenente de alcalde de Cervo, pedindo que a Xunta mantivera o mapa sanitario na provincia, mantendo a área sanitaria da Mariña, Cervo e Burela”. O certo é que coa última reforma “remataron coa área sanitaria” e con boa parte dos servizos sanitarios da cidadanía da Mariña.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



