No PP queren que o centro de día estea operativo antes de que remate o ano en curso
Viveiro, 9 de febreiro de 2023. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, non ten entre as súas virtudes políticas a da eficacia na xestión, ata o punto de que non é improbable que bata algún récord de deixamento, polos menos nalgúns asuntos. Unha destas cuestións é o centro de día, inexistente grazas á incapacidade da alcaldesa de facer que se cumpra o convenio polo que o Concello cedeu gratuitamente o terreo para a construción da residencia da terceira idade, no que se estipula explicitamente que incluirá un centro de día, con 50 prazas. Así o indica o portavoz popular, Óscar Rodríguez, despois do pleno municipal no que o PP logrou que se aprobara a súa moción para “que se faga cumprir o convenio firmado e se obrigue, por todos os medios posibles, a que no que queda de ano a sociedade ou quen corresponda poña en funcionamento dito centro de día, tan necesario para o noso pobo e ao que ten dereito pola cesión gratuíta de terreos municipais”. O grupo da alcaldesa, abstívose. Os populares instan a Loureiro a dar cumprimento sen dilación de ningún tipo ao indicado acordo plenario.
Óscar Rodríguez lembra que o seu grupo xa defendeu iniciativas en igual sentido en anteriores ocasións. Considera “intolerable” a pasividade do goberno municipal, sinaladamente por parte da alcaldesa, de maneira que non se acaba de cumprir na súa totalidade o convenio firmado en 2008 e modificado no 2010, sen que tal cambio alterase a obriga de abrir o centro de día.
Rodríguez destaca a importancia de que Viveiro conte co citado servizo dado o envellecemento da súa poboación. Para o portavoz popular, “é inexplicable este deixamento do goberno municipal, non hai maneira de entender que tolere que os veciños non conten cun centro de día que gañaron cando cederon terreos públicos para a residencia”.
Os populares din a Loureiro que canto antes, en virtude do acordo plenario, faga cumprir o contido do convenio no que afecta á creación do centro de día no edificio da residencia da terceira idade.






















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.



