Os populares instan ao Goberno central “a manter a interlocución con Altri, para que a empresa poida identificar claramente os apoios ao investimento”
Palas de Rei, 2 de febreiro de 2023. Senadores do PP por Lugo mantiveron unha reunión en Palas de Rei con alcaldes e portavoces populares na comarca para abordar cuestións relacionadas coa implantación da fábrica de fibras téxtiles que promove Altri neste municipio lucense, e, sinaladamente, para reclamar, unha vez máis, un compromiso claro do Goberno, presidido por Pedro Sánchez, con este proxecto fundamental para Lugo e para Galicia. Na reunión, celebrada en Palas, púxose de manifesto que o Goberno ten que facilitar o encaixe do proxecto nos PERTE e dotar as partidas que permitan captar os fondos necesarios para asegurar a viabilidade do proxecto. Igualmente, os populares entenden que o Goberno ten que clarificar a apertura das distintas liñas de apoio para conservar o efecto incentivador. Tamén debe impulsar a modificación da actual planificación da rede de transporte de enerxía eléctrica, para proporcionar a subministración eléctrica necesaria. Igualmente, o Executivo central debe manter a interlocución con Altri para que a empresa poida identificar claramente os apoios ao investimento.
Pola súa parte, José Manuel Barreiro informou da pregunta para resposta por escrito que presentaron ao Goberno os senadores por Lugo para coñecer o nivel de compromiso co proxecto de Altri. Nesta iniciativa, os populares lembran que “recentemente o delegado do Goberno en Galicia lamentaba que a multinacional Altri elixise a localidade lucense de Palas de Rei en lugar da provincia da Coruña”. Queren saber en primeiro lugar se “comparte o Goberno esa opinión?”. En todo caso, os senadores preguntan “cal é a posición e os prazos que manexa o Goberno respecto a esta industria vital para a provincia de Lugo?”. Barreiro sinala que do que se trata é de coñecer “se realmente por parte do Goberno hai un compromiso firme de apoio financeiro mediante fondos europeos ao proxecto de Altri para Palas e, como consecuencia, para todo o que suporá para esta provincia e para Galicia”. Destaca que no mes en curso levarase a cabo a auditoría de execución dos fondos europeos “e non sabemos nada”. En síntese, os populares queren saber “que fixo o goberno e que vai facer para apoiar o proxecto de Altri en Palas de Rei”.
Pola súa parte, o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, deixou claro que “o tempo aprema” e ten que haber sen máis demora compromisos firmes por parte do Goberno de España. “É necesario un pronunciamento claro, definitivo, por parte do Goberno central”, explicou Taboada. Engadiu que “xa é un clamor popular que este proxecto precisa un encauzamento con fondos europeos”. O alcalde de Palas destacou a necesidade “de estar todos a unha para conseguir este proxecto fundamental para Galicia”.
Os populares lembran que o proxecto de fábrica de fibras téxtiles sostibles é un complexo industrial centrado na elaboración deste tipo de material de orixe vexetal, que a empresa portuguesa ALTRI ten previsto desenvolver en Palas de Rei (Lugo). Resaltan que é un proxecto pioneiro a nivel internacional e totalmente aliñado cos eixos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. Contará cunha capacidade instalada de 200.000 Tn/ano, equivalente ao 3% da produción mundial.
Para axilizar a tramitación administrativa o pasado 29 de decembro de 2022 o Consello da Xunta declarou esta iniciativa Proxecto Industrial Estratéxico, que reduce á metade os prazos de tramitación e permitirá a concesión directa da licenza de obra por parte da Xunta de Galicia.
Nas distintas reunións mantidas, a empresa traslada que non identifica como se poderían atender as necesidades reais do proxecto no seu conxunto. Ata o de agora, a solución que se lle ofrece é presentarse a todas as convocatorias nas que o proxecto sería elixible, aínda que nalgunhas teña escasas posibilidades de éxito e sen garantir o obxectivo de apoio público necesario para a súa posta en marcha. Ademais indican que en Portugal os grandes proxectos non teñen que “partirse” para poder optar axudas públicas.
A empresa sinalou o primeiro semestre de 2023 como a data límite para a toma de decisión. Debido á necesidade de cumprir co efecto incentivador nas axudas, estas deben de presentarse antes da toma de decisión. A falta de datas sobre a apertura de convocatorias dificulta, adicionalmente, a elaboración dun cronograma.
Características
As principais magnitudes do proxecto son: Investimento de 800M€; creación de 2.500 empregos (directos e indirectos) e ata 10.000 empregos durante o proceso de construción. Precisará de entre 0,9M-1,4M m3 de madeira certificada, preferentemente eucalipto de orixe certificada, poñendo en valor activos ociosos do monte galego. Dará unha segunda vida a certos residuos, como o téxtil, pechando o ciclo produtivo do sector. A empresa contempla ter a planta operativa en 2026, para o que é necesario contar coa necesaria infraestrutura eléctrica para o funcionamento da planta. Iso require a modificación da actual planificación da rede de transporte 2021-2026 por parte do Goberno central.





















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



