O mandatario provincial destacou a relevancia desta actuación, xa que “beneficiará a centos de veciños e veciñas que utilizan a vía para comunicarse con varias parroquias do interior de Ribadeo, e tamén para desprazarse cara Trabada e outras zonas do interior da provincia”
Lugo, 21 de marzo de 2023. A Deputación de Lugo arrancará a vindeira semana as obras para acondicionar un novo treito da estrada LU-P-5204, que é a vía que comunica os concellos de Ribadeo e Trabada pasando pola parroquia ribadense de Arante. Así o anunciou o Presidente, José Tomé Roca, logo de visitar o lugar no que se van executar os traballos xunto ao Alcalde, Fernando Suárez Barcia, e concelleiros e concelleiras da Corporación municipal.
A institución provincial vén de formalizar o último trámite administrativo para o inicio das obras, que foron adxudicadas á empresa Construcciones Isidro Otero SL, por un importe económico de 46.000€.
As obras, que afectarán ao tramo da vía entre os puntos quilométricos 2,780 e 3,600, comezarán nos próximos días coa apertura de cunetas, eliminando a vexetación e maleza, e desatascándoas para facilitar a evacuación de augas cando chove. Unha vez rematadas estas tarefas, acometerase a pavimentación con aglomerado en quente no treito, e con posterioridade procederase ao pintado na vía con marcas reflexivas brancas. Se as condicións meteorolóxicas o permiten, a Deputación estima que as obras estarán finalizadas a principios do mes de abril, redundando nun aumento da seguridade e da comodidade dos condutores desta vía.
O Presidente destacou a relevancia desta actuación, xa que “estas obras beneficiarán a centos de veciños e veciñas que utilizan esta vía para comunicarse con varias parroquias do interior de Ribadeo como Cedofeita, Covelas ou A Devesa, e tamén para desprazarse cara Trabada e outras zonas do interior da provincia”.
O mandatario provincial fixo estas declaracións na visita á localidade mariñá na que supervisou tamén as obras que a institución provincial está a executar cun investimento de medio millón de euros na LU-P-5207, a estrada provincial que une o núcleo urbano de Ribadeo e Vilela no tramo que descorre paralelo ao campo de fútbol municipal ata a ponte de Feve. Unha actuación, subliñou o Presidente, coa que “cumprimos coa veciñanza ribadense, e o que é máis importante, melloramos a seguridade dos rapaces e rapazas que acoden aos adestramentos no campo de fútbol municipal que se sitúa ao pé da vía do tren, un traxecto que, con noite ou mal tempo, resulta especialmente perigoso cando se cruzan vehículos e peóns”.
6,7M€ investidos en Ribadeo
Estas actuacións forman parte da colaboración constante e continua da Deputación de Lugo co concello de Ribadeo, onde a institución provincial inxectou máis de 1,9M€ o ano pasado e un total que se achega aos 6,7M€ desde o principio do mandato. Un investimento que serviu para dotar de máis e mellores servizos aos veciños e ás veciñas deste municipio da Mariña.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



