Estes traballos faranse nas vindeiras semanas na estrada provincial LU-P-5501, cun orzamento de 47.200€, á altura dos puntos quilométricos 4,9 e 5,7 co fin de mellorar a seguridade vial nestes dous tramos
Lugo, 7 de marzo de 2023. A Deputación de Lugo mellorará a visibilidade de dúas curvas na estrada provincial LU-P-5501, que une As Rodrigas con Marco de Álvare, ao seu paso polo municipio de Riotorto, á altura da Granxa, na parroquia de Ferreiravella. Unha actuación para que a institución provincial destina 47.200€ e que comezará nas vindeiras semanas.
Esta estrada presenta unha visibilidade reducida en dous tramos de curvas, onde se atopan situados dous accesos á altura dos puntos quilométricos 4,9 e 5,7. O proxecto inclúe o movemento de terras para o desmonte nestes dous puntos, a pavimentación da calzada con zahorra artificial e o balizamento no punto quilométrico 5 coa colocación dunha bionda. O prazo de execución dos traballos é dun mes, unha vez iniciadas as obras.
A mellora desta vía é moi importante porque dá servizo aos numerosos veciños e veciñas que transitan por ela a diario, así como a explotacións gandeiras e empresas da zona. Uns traballos que se enmarcan dentro da política de mellora da mobilidade impulsada polo goberno provincial e que reverte na seguridade viaria da veciñanza, ademais de beneficiar a súa comodidade e seguridade.
A institución provincial fixo un trazado totalmente novo desta estrada no ano 2015 cun investimento de 1,5M€, cumprindo así cunha débeda histórica cos veciños e veciñas. Dende entón, acometéronse máis melloras cun orzamento de 100.000€, á altura do Mazo de Ferreiravella e da variante de Ferreiravella.
A Deputación de Lugo ten como un dos eixos prioritarios a mellora da mobilidade na provincia. Estas obras son significativas para esta comarca, xa que as actuacións redundarán directamente no obxectivo que se marca a institución de camiñar cara o equilibrio territorial, imprescindible para o futuro do rural lucense.
A Deputación con Riotorto
Nos últimos anos a Deputación destinou a este municipio máis de 1,6M€. A maioría do investimento provincial está dedicado á mellora de vías municipais e provinciais, á contratación de persoal municipal e ao servizo de axuda a domicilio, entre outras colaboracións realizadas para contribuír na mellora do día a día da veciñanza riotortense.





















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



