No marco desta actuación, o Goberno galego dotou á contorna de dúas zonas verdes, nas que, ademais de recuperar unha antiga carballeira e un forno de pedra tradicional, se instalou unha zona de descanso e lecer con xogos
Cospeito, 24 de marzo de 2023. A Xunta completou a primeira fase da ampliación do parque empresarial de Muimenta logo dun investimento de 1,6 M€, segundo anunciou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha visita que realizou a esta área industrial do concello de Cospeito, na que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Esta ampliación permite incrementar a superficie do parque en case 25.000 m2, dos que preto de 13.000 m2 serán 14 parcelas que oscilan entre os 423 m2 e os 1.605 m2, e os restantes destínanse a zonas verdes e viarios.
A conselleira explicou que a comercialización das parcelas xa se incluíu no concurso de venda convocado por Xestur o pasado mes de febreiro e a apertura de ofertas está prevista para os vindeiros días. Tamén subliñou que os adxudicatarios destes terreos se beneficiarán da bonificación do 50% que o Goberno galego aplica á adquisición de parcelas nos parques empresariais da provincia de Lugo.
Máis polo miúdo, esta primeira etapa da ampliación incluíu actuacións relativas á urbanización, ás conexións ás redes de saneamento, abastecemento, telefonía e electricidade e aos enlaces coa estrada LU-120 e co viario do que xa dispuña o parque.
E, a maiores, o Goberno galego dotou á contorna de dúas zonas verdes, nas que, ademais de recuperar unha antiga carballeira e un forno de pedra tradicional, se instalou unha zona de descanso e lecer con xogos. Ademais, habilitouse unha senda peonil que conecta este espazo co paseo que vén de Muimenta.
Logo de salientar que “o ano 2022 foi dos mellores en venta de parcelas en polígonos industriais coa adxudicación de 540.000 m2”, lembrou que a Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e de Xestur, ten a disposición do tecido produtivo preto de 900.000 m2 de solo urbanizado a prezos bonificados en 37 parques empresariais, a conselleira subliñou que os orzamentos de 2023 reservan unha partida de 7 M€ para continuar aplicando esas bonificacións e está previsto mobilizar outros 27 M€ para impulsar actuacións como a adquisición de terreos ou a urbanización de espazos co obxectivo de optimizar os polígonos industriais de toda Galicia.
De feito, na provincia de Lugo xa se están executando as obras de urbanización da fase 3 da ampliación do parque empresarial das Gándaras e estanse a redactar os documentos técnicos para ampliar as áreas industriais de Palas de Rei, Xove, O Corgo, A Pontenova e Meira.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


