Burela, 24 de marzo de 2023. O alumnado de 3º de Primaria dos Ceip de Burela participou onte e hoxe na Ocainmigrante, organizada pola Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración.
A edil Noelia Mª Ben explica que “os días 23 e 24 de marzo realizouse a Ocainmigrante, para o alumnado de 3º de primaria dos Ceips de Burela, o Virxe do Carme e o Vista Alegre, coa colaboración da Aula de Medio Ambiente Gaia”.
A concelleira de Inmigración subliñou que “con esta actividade preténdese sensibilizar aos máis novos sobre a inmigración e ensinarlles a ver o mundo dende outra perspectiva, así como facelos conscientes das necesidades existentes no mundo que nos rodea. Mediante distintas probas van coñecendo aspectos como o racismo, a inseguridade e desamparo, a acollida, a pobreza, a tolerancia e o respecto, as guerras, a marxinación, os malos salarios, o rexeitamento, a integración, a inxustiza,…”.
Ademais Ben lembrou que “está aberto o prazo para participar nos IX Concursos de Lemas e Debuxo e Pintura para o Día Internacional para a eliminación da discriminación racial. Os obxectivos son transmitir a través de mensaxes curtas ou debuxos a importancia da educación en igualdade e a necesidade de eliminar a discriminación racial, así como a súa prevención”. E engadiu que “as bases para poder participar nestes concursos están publicadas na sede electrónica do Concello de Burela. A data para a presentación dos traballos remata o 3 de abril de 2023”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



