A Xunta apoia técnica e economicamente aos concellos no desenvolvemento eficiente das súas competencias en saneamento e abastecemento, reforzando as garantías relativas á saúde pública, ao medio natural, á pesca, ao marisqueo ou ao turismo
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2023. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, realizará un estudo para a avaliación da xeración de cheiros nas novas estacións depuradoras de augas residuais dos municipios de Soutomaior, de Cee e de Burela.
Este contrato, adxudicado á empresa Aquatec, proyectos para el sector del agua S.A.U. por un importe que rolda os 18.000 euros terá un prazo de execución de dous meses.
Trátase de confirmar os estudos teóricos realizados dos cheiros co obxectivo final de minimizar o impacto ambiental producido pola posta en funcionamento das obras recollidas nos proxectos de ampliación destas tres novas depuradora. O estudo deriva da tramitación das avaliacións ambientais das depuradoras de Arcade, no concello de Soutomaior, e as de Cee e de Burela, ao tratarse de instalacións que amplían a súa capacidade de depuración actual nunha localización diferente.
Neste procedemento, Augas de Galicia atende á necesidade de dispor dos correspondentes estudos previos á operación das depuradoras, sobre o posible impacto dos cheiros mediante a modelización da dispersión atmosférica.
Máis en concreto, a finalidade de traballos é a confirmación dos estudos teóricos realizados dos cheiros que teñen por obxectivo minimizar o impacto ambiental producido pola posta en funcionamento das obras recollidas nos proxectos de ampliación destas tres novas depuradoras.
As tarefas que se levarán a cabo baixo este contrato incluirán a identificación de emisión presentes nas futuras instalación en base a información existente nos correspondentes proxectos, e a estimación dos niveis de emisión de cheiros de cada foco, utilizando factores teóricos de emisión.
Os traballos continuarán coa correspondente modelización matemática dos niveis de “inmisión” dos cheiros na contorna das instalacións e a representación das curvas de dispersión.
Deste xeito, coa interpretación dos valores obtidos nestes estudos, determinarse tamén as medidas correctivas precisas para mitigar a presión sonora, así como a modelización da propagación acústica resultante e a definición construtiva das actuacións.
A Xunta continúa prestando apoio técnico e económico aos concellos para que poidan desenvolver de xeito eficiente as súas competencias de saneamento e abastecemento, reforzando as garantías relativas á saúde pública, ao medio natural, á pesca, ao marisqueo ou ao turismo.






















Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.



