Viveiro, 18 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro, a través da súa Concellería de Turismo, organizou de novo esta Semana Santa unha serie de visitas guiadas con percorridos panorámicos e rutas de sendeirismo polo municipio. Xa está aberto o prazo de inscrición.
Estas actividades teñen un carácter gratuíto e un aforo limitado, polo que é precisa a confirmación previa da reserva a través da dirección de correo electrónico viveirovisitas@gmail.com
A saída de todos os itinerarios terá lugar na Estación de autobuses de Viveiro.
O programa de rutas de sendeirismo e percorridos panorámicos da Semana Santa 2023 de Viveiro inclúe nove propostas que comezan o sábado día 1 de abril coa Ruta dos Muíños de Balea e o domingo 2 de abril co Vivertren de Covas a Celeiro, ambos ás 16:00 horas.
Ás 11:00 horas é a hora de saída do Percorrido panorámico ao Souto da Retorta do luns día 3, a Ruta polo paseo fluvial do Río Landro do 4, e a Visita ao Complexo Regal-Xunqueira do mércores 5 de abril.
O xoves 6 de abril ás 16:00 horas está organizada a Ruta do Monte San Roque, mentres que ao día seguinte repite, á mesma hora, o Vivertren de Covas a Celeiro.
A programación péchase o sábado 8 de abril coa Ruta dos Muíños de Balea e o domingo 9 co Percorrido panorámico ao Cargadoiro da Insua. Os dous con hora de inicio ás 11:00.
O Concello de Viveiro facilita o mail viveirovisitas@gmail.com para consultar ou ampliar a información sobre calquera das rutas.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



