O Concello tamén prevé a substitución das luminarias, para o que ten solicitado una axuda á Xunta de Galicia
Barreiros, 23 de marzo de 2023. O Concello de Barreiros vén de iniciar o procedemento de licitación das obras para renovar a cuberta do pavillón municipal, cuxo importe ascende a máis de 139.000 euros. As ofertas poderán presentarse por medio da plataforma de contratos ata o 18 de abril.
A alcaldesa explicou que se tratan dunhas obras financiadas integramente pola área de Deportes da Deputación, dirixida por Efrén Castro, tras a sinatura dun convenio entre ambas administracións que permite afrontar esta importante obra para unha instalación que dá servizo a gran parte da poboación, especialmente mocidade e crianzas.
Ademais destas obras, o goberno municipal prevé a substitución das luminarias, para o que teñen solicitada unha axuda de mellora da eficiencia enerxética á Xunta de Galicia, por un importe de máis de 54.000 euros.
A alcaldesa, Ana Ermida, agarda que nesta ocasión Barreiros poida ser beneficiario desta axuda correspondente ao Fondo adicional de Cooperación Local, para poder realizar as obras necesarias nunha soa vez e deste xeito deixar esta instalación deportiva, moi utilizada para distintos usos, renovada para os vindeiros anos. A rexedora fai estas manifestacións tras non poder contar con axuda da Xunta para a renovación da cuberta, para a que finalmente foi a área de deportes da Deputación quen facilitou os fondos.
O concelleiro de Dinamización, dentro da que se inclúen as actividades deportivas, Dani García; amosa a súa satisfacción por ser quen de xestionar esta cantidade de fondos para instalacións deportivas nun concello de pouco máis de 3000 habitantes, que nos permitirá contar cunhas instalacións renovadas e dignas para a celebración de actividades e eventos deportivos en Barreiros.
García lembra que este investimento se suma á renovación da pista de pádel, tamén coa axuda económica da área de deportes da Deputación, que ascende a 55.660€ e á dotación de equipamento das pistas exteriores, ao abeiro dun convenio coa área de Mocidade da Deputación, cun importe de 13.607, 51 euros. “Polo tanto, só en investimentos deportivos de certa entidade, deixando á marxe os realizados para as escolas deportivas municipais ou para os distintos eventos realizados directamente ou nos que se colabora, o Concello de Barreiros xestionou máis de 208.000 euros”.
Tanto a alcaldesa como o concelleiro manifestaron a intención do goberno municipal de seguir traballando para conseguir fondos cos que melloras as infraestruturas deportivas municipais e, nese sentido, avanzaron que contan cun proxecto para a adecuación da zona do ximnasio municipal e a nova dotación de servizos que será presentado ante a Xunta de Galicia nunha convocatoria de axudas que anunciaron que será convocada nos vindeiros días.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



