Inicia un ciclo de charlas-talleres desenvoltas polo Obradoiro de emprego Vilas Coidadoras que dan continuidade a outros programas como os desenvoltos para familias de persoas con demencias, cancro e grandes dependentes
Barreiros, 13 de marzo de 2023. O Concello de Barreiros pon en marcha un novo programa dirixido ás familias de persoas dependente, co que se pretende dar ferramentas e coñecementos para as persoas que teñen que coidar das mesmas de xeito non profesional.
A través do Obradoiro de emprego Vilas Coidadoras que se desenvolve conxuntamente co Concello de Ribadeo e a través do módulo de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, poñen en marcha una serie de charlas e talleres nos que é se oferta un servizo de apoio a todas aquelas familias coidadoras de persoas maiores en situación de dependencia e a persoas maiores que vivan soas.
A primeira das xornadas terá lugar este mércores 15 de marzo, ás 11 horas no Centro Sociocultural de San Cosme. Os primeiros talleres, que se desenvolverán no mes de marzo, abarcarán aspectos como a xestión das emocións e sentimentos, o consumo abusivo de fármacos e os recursos aos que as persoas coidadoras poden acudir en busca de información e axuda.
A alcaldesa, Ana Ermida, explicou que “este programa dá continuidade a outras iniciativas que se teñen realizado de apoio ás familias de persoas que precisan coidados, e que xa se realizaron nos últimos anos.” “O que se pretende é acompañar ás familias e poñer á súa disposición formación e recursos cos que afrontar situacións de dificultades asociadas a enfermidades que conlevan un desgaste nas persoas que coidan.”
Esta iniciativa ten prevista unha duración de cinco meses, durante os que se tentará extender a iniciativa noutras parroquias, en función da demanda que poida existir; segundo explicou a concelleira de Servizos Sociais, Carmen Veiga.
As persoas interesadas en participar nos talleres poden inscribirse na seguinte dirección de correo electrónico ou números de teléfono: coidandoaocoidador@outlook.com / 672.27.91.69 (Vanesa Vilar) – 637.88.81.62 (Patricia Ladra).





















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



