A Mariña, 3 de marzo, 2023. Os grupos que a día de hoxe forman parte de Ecoloxistas en Acción Galiza e que supoñen a gran maioría dos existentes na Comunidade: EA A Mariña, EA Lugo, EA Sarria_Monforte, EA Ancares, EA Terra Chá EA Coruña Centro, EA Ártabra, EA Costa da Morte, EA Galego Transmontano e EA Galiza Centro xunto co Comité pola Defensa das Rías Altas, a asociación Petón do Lobo , Cova Crea e a Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza asinan un acordo para impugnar diante da Sala do contencioso -administrativo do Tribunal Supremo a disposición do Consello de Ministros do Goberno de España o Plan de ordenación do espazo marítimo (POEM).
As entidades ecoloxistas citadas, que preparan arestora un informe técnico ao respecto, informan que a día de hoxe as investigación científicas non garanten a non afección da eólica mariña á biodiversidade, ás aves nin aos fondos mariños.
Nin a biodiversidade mariña nin os impactos da eólica mariña están suficientemente investigados como para comezar a instalar a eólica mariña no litoral galego. Aínda arestora en países do Norte con máis experiencia que España na implantación da eólica mariña, están a plantexarse estudar os problemas derivados da acumulación de sedimentos nas augas, que impiden o paso da luz e o desarrollo das especies.
A instalación de aeroxeradores mariños non só modifica o réxime dos ventos sobre a superficie do mar (algo esperable xa que se está producindo enerxía eólica), senón que se modifican as corrientes e o transporte dos sedimentos na auga. As estelas de sedimentos que xeran as correntes que se moven ao redor das turbinas ainda están a ser obxecto de estudo por parte dos científicos e ignóranse os efectos que poden ter sobre a entorna mariña.
Faltan datos científicos sobre a distribución e a migración dalgunhas poboacións de especies mariñas e faltan datos científicos sobre os impactos nocivos dalgunhas actividades humanas sobre as especies mariñas. Ademais hai que ser conscientes de que as incidencias de animais varados e a morte de especies de cetáceos coincidiron con, e poden deberse ao, uso de soares activos de alta intensidade e frecuencia media, que aínda hai que continuar investigando.
Por outra banda, a dificultade de demostrar os posibles impactos negativos das perturbacións acústicas sobre as especies mariñas e as súas presas require un enfoque cautelar nos casos en que tales impactos son probables. O ruído mecánico residual da góndola é inevitable, por moito que se depure o deseño das pás.
Cómpre ter en conta que polo “efecto borneo” derivado da anclaxe dos pivotes ao fondo mariño e os soportes e arrastre das cadeas producirase un efecto baleiro de biodiversidade, polo que en absoluto estes espazos se poderán catalogar como como reservas para a pesca, posto que non haberá nada.
Ademais cando existen razóns para supoñer que os efectos nocivos sobre a biota poden estar causados polo ruído mariño antropoxénico, a falta dunha plena certeza científica non debe usarse como xustificación para pospoñer medidas que impidan ou reduzan na maior medida posible tales efectos.
Cómpre ter moi en conta que as infraestruturas eólicas mariñas son unha fonte de ruido de baixa frecuencia na auga. O ruido que se produce ao xirar as pás non penetra na auga pero sí as vibracións que se trasminten ao pilote que sostén as pás, e desde este, a auga na que está sumerxida a base.
Deben considerarse as posibles afeccións a peixes que son capaces de detectar infrasóns a través da liña lateral, pero ata o momento non hai nin o primeiro estudo de impacto deste tipo.
Ademais hai especies como Globicephala melas, Orcinus orca, para os que non hai datos dispoñibles sobre o seu estado de conservación, xa que están sin avaliar e a súa presencia é común nas zonas afectadas. Por outra banda, cómpre lembrar a inexistencia de cartografía referente aos HICs mariños.
O propio Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico recoñece expresamente na súa web que:
“En 2013 finalizó la elaboración de la Lista Patrón de Hábitats Marinos presentes en España realizada con el apoyo y colaboración de expertos científicos de distintas Administraciones Públicas e instituciones españolas. Este listado ofrece una respuesta a la divergencia de nomenclaturas y denominaciones en áreas de alcanzar un lenguaje común que permita a gestores y técnicos disponer de una herramienta para la identificación e interpretación de los hábitats marinos.
Como complemento a este listado se están realizando las fichas descriptivas de cada hábitat, se presentan aquí algunas de ellas de hábitats característicos o singulares de nuestras aguas.
Paulatinamente se irán poniendo a disposición más fichas de habitats presentes en nuestras aguas”.
(https://www.miteco.gob.es/es/biodiversidad/temas/biodiversidad-marina/habitats-especies-marinos/inventario-espanol-habitats-especies-marinos/list-inventario-habitats-marinas.aspx )
Aínda a día de hoxe descoñécese que os campos magnéticos asociados ás turbinas eólicas influen nos organismos mariños. As especies electrosensibles como os elasmobranquios poderían verse afectadas polos campos eléctricos xerados polos campos mariños. O campo magnético afecta a moluscos, crustáceos, peixes e mamíferos mariños que utilizan o campo magnético terrestre para orientarse durante a navegación.
En definitiva, cómpre botar man do principio de precaución en materia ambiental e facer valer a súa prevalencia legal fronte á planificación territorial do espazo mariño, xa que a incertidume científica sobre dos posibles impactos e as súas consecuencias son ainda moi elevadas.
Por outra banda, o POEM esquece por completo a integración paisaxística da planificación eólica mariña do Estado en Galicia coa Lei da Paisaxe de Galicia, o Catálogo da Paisaxe e as Directrices da Paisaxe de Galicia.


















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



