Viveiro, 3 de marzo de 2023. O Concello de Viveiro propón un amplo programa de actividades para impulsar a igualdade real con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
A primeira cita será este domingo, día 5. O Teatro Pastor Díaz acolle, a partir das 19:00 horas, a actuación de Margarida Mariño que serve para pechar o ciclo de Concertos “Con Voz de Muller 8-M” que por segundo ano organiza a Deputación de Lugo.
O mércores día 8, o Concello de Viveiro súmase ás reivindicacións do Día Internacional da Muller apoiando á Manifestación que percorrerá as rúas de Ribadeo dende as 20:00 horas e facilitando autobuses para toda a veciñanza interesada en acudir.
“Reafirmamos o noso compromiso nunha loita pola igualdade entre homes e mulleres á que lle quedan aínda moitos pasos por dar. O obxectivo e o deber das institucións é ofrecer aos cidadáns unha sociedade máis xusta e mellor, e dende o Concello de Viveiro traballamos cada día para poder lograr que sexa unha realidade”, subliña a alcaldesa, María Loureiro.
Tralo acto do 8M, serán os alumnos de 5.º de Primaria dos Centros de Ensino de Viveiro os protagonistas do obradoiro “Radio en Igualdade” que se realizará no Teatro Pastor Díaz entre as 9:00 e as 14:00 horas.
Ademais, do 10 ao 29 deste mes de marzo, a Sala Multiusos do Concello acolle a exposición fotográfica “Eu muller, ti cómplice, elas loitadoras” de Aspanane.
Continuarán as propostas do Concello o mércores día 15 coa presentación oficial do Selo de Correos dedicado a Maruja Mallo dentro da serie “Mujeres en el Arte”.
Por outra banda, ata o día 18 a sala da Biblioteca Municipal manterá aberta a Exposición do VIII Concurso de debuxo escolar “Mamá Traballadora”, e tamén ese día remata a Exposición do Concurso de fotografía amateur “Mulleres e Traballos” que acollen os comercios adheridos ao Casco Histórico de Viveiro.
O compromiso na loita pola igualdade que impulsa o Concello de Viveiro mantense durante todo o ano, e como exemplo o obradoiro “Educando na boa Sexualidade” que se imparte ata abril entre o alumnado do IES de Viveiro, ou as actividades do Clube de Lectura “En Feminino” que chega ata maio e no que participa a actriz Estíbaliz Veiga.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



