A subdelegada informou que os dous municipios da Mariña están presentes nas convocatorias do Programa UNICO Banda Ancha que desenvolve o Goberno na provincia con 22,5 millóns de euros
O Valadouro, 27 de marzo de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, resaltou hoxe o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez cos transformación dixital, garantindo o 100% de cobertura de acceso a internet de alta velocidade na provincia de Lugo. Isabel Rodríguez desprazouse esta mañá ata a Mariña onde visitou os concellos do Valadouro e Alfoz, presentes nas dúas convocatorias do Programa UNICO-Banda Ancha, que desenvolve o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital con 22,5 millóns do Plan de Recuperación para a provincia de Lugo, achegando conexión de banda ancha con velocidade ultrarrápida a 1.800 familias e empresas dos dous municipios mariñáns.
En ambas localidades, a subdelegada reuniuse cos seus alcaldes, Edmundo Maseda e Jorge Val, para informarlles, ademais, sobre os programas dispoñibles do Goberno en materia de vivenda, transición ecolóxica e administración pública, e coñecer, ao mesmo tempo, as súas demandas e inquedanzas.
“Co Programa UNICO-Banda Ancha atallamos a fenda dixital que afecta, sobre todo, ao medio rural, e así loitamos contra o despoboamento dos municipios, facilitando o acceso á banda ancha de internet aos veciños e veciñas que viven en Concellos como os do Valadouro e Alfoz”, incidiu Isabel Rodríguez.
No caso da provincia de Lugo, ao igual que Galicia, os fogares e empresas beneficiados desta iniciativa atópanse en ‘zonas brancas’, aquelas que non dispoñen de cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 Mbps, nin plans para a súa dotación nos próximos tres anos. “Con este plan asegurámonos de que O Valadouro e Alfoz conten con conectividade de máis de 300 megas na practica totalidade do territorio, en 500 zonas que a día de hoxe non dispoñen deste tipo de cobertura, fundamental no mundo actual”, manifestou Isabel Rodríguez.
Concretamente, no Concello do Valadouro, o Programa UNICO dixitalizará 260 zonas onde actualmente non existe este tipo de conexión e onde se localizan 1.022 familias e empresas. No caso de Alfoz, executaranse 240 proxectos de conexión para levar este servizo a 767 vivendas e empresas deste Concello.
“Para garantir a supervivencia dos municipios máis pequenos e loitar contra o despoboamento dende as administracións temos que comprometernos coa conectividade dixital e o acceso a internet de alta velocidade en todo o territorio” resaltou a subdelegada. Nesta liña, lembrou que entre as dúas convocatorias deste Plan, o Goberno de Pedro Sánchez levará a tecnoloxía de conexión de alta velocidade a máis de 32.700 vivendas e empresas da provincia.
Plan Demanda Rural
Isabel Rodríguez informou aos dous rexedores que o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital acaba de aprobar o UNICO Demanda Rural, o programa co que o Goberno garante a extensión de banda ancha vía satélite en todas as zonas rurais. Para iso, adxudicou de maneira provisional á empresa Hispasat despregar mediante tecnoloxía satelital as infraestruturas necesarias para prover de conectividade ultrarrápida ás zonas de toda España nas que non hai cobertura con tecnoloxía fixa a un mínimo de 50 Mbps e proporcionará un servizo alcanzable de polo menos 100 Mbps ata o 31 de decembro de 2027, a un prezo fixo de 35 euros mensuais para o usuario final.
Esta actuación forma parte do Plan Único, financiado con cargo ao Plan de Recuperación, e conta con orzamento tanto para a configuración do servizo como para sufragar o custo da alta do usuario final.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



