Ribadeo, 9 de marzo de 2023. Merécelo papá é a nova campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo para celebrar o dia do pai neste 2023, que contempla o sorteo de varios agasallos entre as persoas que fagan as súas compras ata o 19 de marzo nos locais asociados.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explica que “nesta campaña do día do pai desde Acisa Ribadeo sortearemos 8 premios. Trátase de 2 experiencias de desconexión para dúas persoas, doadas por Viaxes Eroski, de 1 Bono de 6 meses para BeOne Ribadeo e 5 ceas para dúas persoas xentileza de A Horta de San Roque, La Quinta, Javier Montero, El Rincón del Gordo e O Lar de Manolo”.
Cruzado Iglesias indica que “aquelas persoas que realicen as súas compras nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo dende o 10 o 19 de marzo poderán cubrir algunha das 10.000 rifas editadas e repartidas para esta ocasión e así entrarán no sorteo destes 8 agasallos”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinala que “nesta ocasión sorteamos estes 8 premios mediante rifas que hai que cubrir cos datos persoais: nome, apelidos e número de teléfono. Os comerciantes gardarán as rifas cubertas e seladas, que serán recollidas por persoal de Acisa os días 21 e 22 para a realización do sorteo non presencial nas nosas oficinas. Unha vez extraídas as papeletas gañadoras desde a asociación poñerémonos en contacto telefónico coas afortunadas e cos afortunados”.
Pérez Prada aproveita para insistir “na necesidade de seguir apostando polo comercio local para facer as compras destas datas e pola hostalería local para as celebracións familiares”.
Carme Cruzado, a presidenta do colectivo empresarial ribadense engadiu: “dende Acisa Ribadeo agradecemos a colaboración das empresas doantes dos premios BeOne, Viaxes Eroski, A Horta de San Roque, La Quinta, Javier Montero, El Rincón del Gordo e O Lar de Manolo, así como tamén á de Xunta de Galicia, que é a administración que financia esta campaña do día do pai”.
Descontos no combustible
Desde a directiva de Acisa lembran que “ata o 31 de marzo segue a campaña que puxemos en marcha a finais de xaneiro con Gasóleos Abelleira, que supón un desconto de 0,10 euros/litro de combustible. Distribuíronse 50.000 tarxetas entre os negocios asociados a Acisa para que estes as repartan entre a súa clientela por gastos ou consumicións superiores aos 5 euros. Esta campaña será de aplicación unicamente na estación de servizo que se atopa situada no polígono industrial. Este desconto non é compatible con outras promocións de Gasóleos Abelleira”.
E engaden desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo: “esta é a terceira edición desta campaña con Gasóleos Abelleira, ao que lle agradecemos a súa disposición. É unha iniciativa que funciona e que ten moi boa acollida”.





















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



