O caso de Muras é un dos trece complexos postos como exemplo de deseño de modelos de implantación de renovables -neste caso da enerxía eólica- con maior aceptación
Muras, 30 de marzo de 2023. O rexedor murense participou convidado á xornada celebrada esta mañá na sede de Argüelles da Universidade Rey Juan Carlos, Madrid. Dende ás 11 ata ás 13 horas foron analizadas e debatidas unha escolma de boas prácticas na instalación de renovables no territorio peninsular co caso de Muras como exemplo no eido eólico. Un debate no que se escoitaron voces desde o territorio, as empresas, as administracións, a sociedade civil e os medios de comunicación. Na mesa redonda tamén participaron e intervieron Víctor Marcos, director de Enerxías Renovables e Mercado Eléctrico do IDEA; Sara Pizzinato, responsable da campaña de Enerxías Renovables de Greenpeace; Benjamín Llaneza, CEO de Aurinka e Rosa Tristán, xornalista ambiental, moderados por Amaya Asiain, responsable do Departamento de Comunicación de Ecodes.
O marco para o debate foi o traballo realizado pola Fundación Ecoloxía e Desenvolvemento (Ecodes) “Casos de éxito na implantación de enerxías renovables” (adxuntado). Encargado pola Universidade Rey Juan Carlos recompila proxectos fotovoltaicos e eólicos “que demostran un aproveitamento renovable con especial respecto á biodiversidade e con especial consideración á poboación local”.
Ante “a situación de rexeitamento ás enerxías renovables en parte do territorio nacional” o estudo identifica trece complexos como exemplos de deseño de modelos de implantación de enerxías renovables con aceptación social: desde a selección do emprazamento ás actuacións previas coas poboacións locais, accións durante a fase de construción e medidas para a integración socioeconómica nos territorios.
E no caso da eólica o primeiro caso que se destaca é o de Muras, que alberga no seu termo 20 parques eólicos desenvolvidos entre 1995 e 2009. Con algo máis de 163 km cadrados e 614 habitantes ten unha potencia instalada de 485 MW repartidos entre 381 aeroxeradores das empresas Acciona, Endesa, HEI do Arnoya SL, Iberdrola e Norvento.
Coa chegada dun novo equipo de goberno en 2015 o concello logrou reconducir unha situación desfavorable tras prácticas de dubidosa ética nos momentos iniciais dos proxectos, como a venda de terreos a prezos ínfimos e ameazas de expropiación. A implicación traduciuse na posta en marcha de axudas directas ao pago da factura da luz condicionadas ao nivel de renda, o que permite abaratar o recibo doméstico cun impacto económico e enerxético na vida da veciñanza. Así, os recursos van a subvencionar actuacións que mellora a calidade de vida xeito directo. O tope da axuda é de 600 euros anuais.
Manuel Requeijo, tamén foi convidado a falar desta experiencia o pasado xaneiro no salón de Graos da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña (UDC) nun debate sobre experiencias locais de produción e comercialización de enerxía eléctrica.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



