Barreiros, 21 de marzo de 2023. O Concello de Barreiros pon en marcha a celebración de dous obradoiros de reanimación cardiopulmonar, máis coñecida como RCP, para as crianzas dos dous centros escolares do municipio. Esta actividade encádrase dentro do programa + Saúde Barreiros, dando así continuidade aos obradoiros sobre esta materia realizados o pasado verán nos campamentos estivais.
A alcaldesa, Ana Ermida, manifesta a “importancia de contar con este tipo de formación para as crianzas, xa que iniciar estes coñecementos a idades temperás é fundamental para a súa interiorización e contribuír á diminución de mortes na sociedade grazas ao coñecemento de técnicas básicas de RCP”.
Montse Porteiro, Concelleira de Educación e Saúde Pública resalta “a importancia de que as crianzas non só coñezan, senón que reforcen tamén os coñecementos adquiridos” nunha materia que, ao seu xuízo, “debería formar parte das materias que desde a Consellería de Educación se incluísen nos plans formativos das crianzas”.
Porteiro explicou que “os obradoiros están pensados para as crianzas máis pequenas, polo que o seu desenvolvemento será moi sinxelo, reforzando con música e cancións moi coñecidas as técnicas básicas de masaxe cardíaca, ao tempo que se ensina a distinguir situacións de perigo real para a vida da persoa e os recursos dos que dispoñemos para avisar e activar unha alerta”.
O primeiro dos obradoiros terá lugar no CEIP de San Miguel de Reinante o día 24 de marzo, a partir das 10 horas . A data para o CEIP de San Cosme será o día 12 de abril.
Para impartir esta formación o Concello de Barreiros contactou con Estefanía Castro, Lucía Fraga e Elsa Fernández; enfermeiras traballadoras do Hospital de Burela; ás que agradecen a colaboración e a disposición para os mesmos























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



