Villares: “desde a administración local estamos a axilizar ao máximo os trámites da nosa competencia porque entendemos que é unha boísima noticia atraer novas empresas, que supoñen inversión e creación de postos de traballo para o noso municipio, nun sector en expansión como o do cultivo de algas”
Cervo, 14 de marzo de 2023. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés e o edil de Turismo, David Rodríguez, acompañados por técnicos municipais, veñen de manter un novo encontro cos responsables da empresa de nova creación “Algas da Mariña”, Jesús Barreiro e José Manuel Louzao, que estiman implantar a súa actividade nos vindeiros meses nunha superficie que abrangue tres parcelas que suman 12.000 m2 situadas no Polígono de Cuíña, “cuxos trámites están moi avanzados con XESTUR, cos que xa teñen o terreo reservado”.
Tal e como explicou o rexedor, desde o Concello, estamos a facilitar ao máximo posible todos os trámites que nos competen, para facilitar a diversificación do sector acuícola no noso municipio, “nunha clara aposta polo I+D+I, apoiando un proxecto como este enmarcado nun sector con gran potencial e en proceso de expansión como é o do cultivo de algas, altamente sostible e con múltiples aplicacións en diferentes sectores desde o alimentario, o farmacéutico ou o téxtil”. O rexedor quixo amosar a súa ledicia porque estes emprendedores se fixaran no noso Concello como “lugar privilexiado pola súa situación para a posta en marcha da súa actividade, que traerá novos investimentos a Cervo, e o que é máis importante a creación de postos de traballos”. Desde a empresa cifran o investimento, que se desenvolverá en catro fases, en máis de 20 millóns de euros, e estiman que se crearán uns 70 empregos.
Desde a firma, avalada polo gabinete de enxeñería INDUTEC, apuntan algunhas das aplicacións das potenciais aplicación das algas, como é o uso para cosmética, farmacia, para-farmacia, alimentación humana ou biocombustibles. O proxecto, como se dixo, e tal e como precisan deste Algas da Mariña, consta de varias seccións:
– Quinta gama. Contempla a elaboración, envasado e venta de pratos preparados a partir de produtos de la zona, para o que dispoñen dun acordo de colaboración con produtores da contorna para a provisión de materias primas.
– Planta de cría e procesamento de mariscos. Ten como obxecto a cría, elaboración e venta de mariscos de maior calidade nun entorno controlado, en viveiros nutridos por auga mariña extraída directamente da costa.
– Embotelladora de auga de mar. Contempla desde o envasado de auga para a súa subministración directa, elaboración de bebidas isotónicas ou colutorios con base de auga mariña, entre outros.
– Obradoiro e viveiro para o cultivo de algas. O sector que estiman que será o máis relevante da súa actividade.























A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



