O portavoz popular, Javier Castiñeira, lembra que os novos trens encargados non entran nos túneles e sostén que “non é lóxico que na mesma vía os viaxeiros paguen nuns lados e noutros non, só para tratar de xustificar un erro”
Foz, 24 de marzo de 2023. A rede de Ferrocarriles Españoles de Vía Estrecha (FEVE) ten moito que mellorar en Galicia en todos os aspectos. Cando xa parecía que os usuarios lucenses deste servizo non podían ser sorprendidos con noticias desagradables con respecto a FEVE, vense discriminados polo feito de que non reciben o mesmo trato que, por exemplo, asturianos e cántabros, que poden disfrutar gratis deste ferrocarril como consecuencia do erro de cálculo que fixo que se encargaran trens que non collen polos túneles. O portavoz do PP en Foz, Javier Castiñeira, anuncia: “O grupo municipal do Partido Popular presentará unha moción no próximo pleno para que o Concello inste a FEVE a compensar do mesmo xeito que fai en Asturias e Cantabria aos veciños do tramo galego, dende Ribadeo a Ferrol, do mesmo xeito que o fai coas dúas comunidades citadas”.
Para os populares, “non é lóxico que, na mesma vía, os viaxeiros paguen nuns lados e noutros non, só para tratar de xustificar un erro que levará a un retraso na modificación dos equipamentos”. No PP piden “que os veciños de Foz, Ribadeo, Barreiros, Xove, en fin, de toda A Mariña, teñan o mesmo trato que, por exemplo, os nosos veciños do occidente de Asturias ou de Cantabria”.
Castiñeira sinala: “Aproveitaremos esta moción para que o Goberno nos diga o retraso que haberá na renovación da frota e queremos que os cambios que haberá por non ter contemplado o gálibo correcto non afecten nin a calidade dos novos equipos nin ao confort e a seguridade. Queremos que se cumpra un plan de investimentos moi necesarios nesta rede ferroviaria, que non está funcionando como piden os veciños; na Mariña queremos un tren do mesmo xeito que teñen noutros lugares de España e que se incrementen as frecuencias”.
No PP de Foz entenden, di Castiñeira, “que a situación é dun agravio totalmente inxustificado entre os usuarios galegos, por un lado, e cántabros e asturianos por outro, e esperamos que se corrixa o antes posible porque a día de hoxe os nosos veciños vense moi discriminados no uso dos servizos de FEVE”.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



