Lugo, 23 de marzo de 2023. Ante as manifestacións do Voceiro provincial do Partido Popular ao respecto dunha sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Lugo sobre o voto telemático da Deputada Provincial do BNG Mónica Freire no Pleno celebrado o 31 de maio do ano pasado, a Deputación de Lugo manifesta:
– A sentenza non é firme, e a institución provincial INTERPOÑERÁ ANTE O TSXG UN RECURSO DE APELACIÓN POR SEGURIDADE XURÍDICA, xa que nunha sesión plenaria que tivo lugar tres meses antes (28/12/2021), o Deputado do Grupo Provincial Popular Óscar Poy Franco tamén solicitou, asistiu e votou de forma telemática, sen que o PP, nin ningún outro membro da Corporación, cuestionase nin denunciase a legalidade do seu voto.
– O PP, como fai sempre, aplica unha dobre vara de medir froito do seu contrastado sectarismo. Mentres que no caso do Deputado do seu partido, valeulle o voto telemático, no caso da Deputada que pertence a outra forza política foi ao Xulgado pedindo a impugnación de tres acordos do Pleno.
– É máis, o PP non impugnou a posibilidade do voto telemático da Deputada, nin ao comezo da sesión do Pleno, nin durante o transcurso do mesmo. Polo tanto, o Voceiro do Partido Popular aceptou a celebración da sesión plenaria co voto telemático, pero cando perdeu as votacións decidiu impugnalas. A credibilidade do PP brilla pola súa ausencia. Actúa pensando só nos seus intereses partidistas e electorais, nunca pensando nos veciños e veciñas da provincia. Utiliza as institucións ao seu antollo e conveniencia, tratando de deslexitimar a quen está no Goberno cando non é do seu partido.
– A Deputación recorrerá a sentenza, pero, en todo caso, no suposto de confirmarse o ditame xudicial e o voto telemático fose anulado, este non foi decisivo nos puntos 10 e 11 recorridos polo PP, pois daríase un empate en número de votos (11 do Goberno –sen o Presidente e a Deputada Mónica Freire- e 11 da oposición -pois un Deputado do PP ausentouse do Pleno recorrido a partir do punto 8-). Un empate, que sería resolto polo voto de calidade da Presidencia. Neste sentido, convén abundar en que a xurisprudencia non establece en absoluto que sexan nulos ou anulables aqueles acordos de órganos colexiados nos que o voto dun dos seus membros non se teña en conta por calquera tipo de irregularidade cando o mesmo non é decisivo para a formación da vontade do órgano, que é precisamente o que ocorre no presente suposto. Desta forma, a anulación do voto telemático non tería ningún efecto real, nin práctico.
– Se é que aínda lle queda algo de dignidade, o PP debe rectificar as mentiras que profire asegurando que “os xuíces resolveron unha vez máis a favor do PP nas súas reclamacións” porque non houbo máis veces nos que este partido gañara algo nos tribunais.
– Neste sentido, o Goberno da Deputación recoméndalle ós populares que non tiren xa os fogos de artificio, non vaia ser que se lles atragante a alegría, como lles ocorreu coa sentenza sobre a compra da acción de Tragsa. Cansáronse de prodigar unha suposta vitoria, pero a decisión da Deputación foi avalada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
– O único que pon de manifesto esta nova algarabía do Voceiro provincial do PP é que a única aportación que fixo durante todo este mandato foi ir ó xulgado para tratar de enlodar a vida política e desgastar o Goberno, algo que non conseguiu. O ocorrido hoxe é moi representativo da diferencia entre o compromiso coa provincia que demostra o Goberno provincial e a oposición: mentres o PP lanza acusacións sen fundamento, o Goberno sacou adiante os proxectos e actuacións que os 67 concellos da provincia financiarán con cargo ao Plan Único 2023, que inxectará 25M€ no tecido social e económico.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



