Lembra que nos lugares onde foron instalados parques eólicos mariños o resultado foi “nefasto” e volveu a reclamar que Galiza sexa un “territorio libre de eólica mariña”
Santiago de Compostela, 11 de marzo, 2023. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón asistiu á concentración convocada pola Plataforma en Defensa da Pesca e contra o plan do Goberno español de instalar parques eólicos nas costas galegas.
A líder do BNG criticou a conivencia da Xunta e o Goberno do Estado sobre o deseño eólico mariño e asegurou que o novo POEM asestará “un golpe mortal” á pesca e marisqueo coa única razón de seguir beneficiando ao lobby eléctrico para que siga “facendo caixa”.
Non podemos permitir que isto ocorra, recalcou, o novo Plan de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) debe ser retirado de inmediato. O BNG está hoxe nesta concentración para apoiar ao sector pesqueiro e marisqueiro galego, para defender o futuro de miles de familias neste País que viven do seu traballo no mar e que teñen dereito a poder seguir vivindo desa actividade.
“Por iso o BNG está aquí, para apoiar ao noso sector pesqueiro e marisqueiro, á xente que vive do mar fronte á rapiña do lobby eléctrico que quere facer caixa co noso vento, na terra e agora tamén no mar”.
Neste momento, dixo a nacionalista, o Goberno do Estado, co silencio cómplice do Goberno da Xunta, pretende instalar o 43% da eólica mariña nas costas galegas. Estamos falando de 2.200 quilómetros cadrados de costa para a eólica mariña, “o 43% do total de todo o Estado” coa perda de miles de postos de traballos directos e indirectos nun sector estratéxico para Galiza.
Segundo os datos solicitados pola Xunta ao departamento de Economía aplicada da USC do ano 2019, explicou, “ a pesca representa case o 2% de todo o PIB de Galiza e 31.000 postos de traballo directos”. Se nos referimos ao sector do mar (pesca, marisqueo, miticultura, piscicultura e conserva) esta cifra hai que incrementala porque supón “o 4,8% do PIB galego, cunha facturación de cerca de 12.000 millóns de euros e 64.000 postos de traballo directos”.
Isto é do que estamos falando, isto é o que está en xogo cos plans de eólica mariña anunciados polo Goberno central e insistiu en que xa temos un país cheo de encoros, 4.000 muíños de vento nos nosos montes e proxectados moitos máis. E agora, queren que soportemos “case a metade de todos os aeroxeneradores da eólica mariña”
Galiza non é a colonia enerxética de Madrid
“Xa está ben. Xa está ben de espolio eólico, xa está ben de querer converter Galiza nunha colonia enerxética de Madrid. Xa está ben que Galiza, o noso monte a agora o noso mar, teña que pagar todos os costes ambientais, os custes económicos e sociais de producir enerxía e non recibir nada a cambio” enfatizou a portavoz nacionalista.
Desde o BNG sumámonos ás peticións do sector pesqueiro galego que se está xogando o seu futuro e solicitamos: Retirar, de inmediato, os plans de eólica mariña do Goberno central. Declarar a costa galega zona excluída de eólica mariña, para garantir o futuro do sector pesqueiro, porque as características da plataforma continental galega fan que “ a pesca e a eólica mariña sexan incompatibles” e dada esta incompatibilidade, “preservar os sector pesqueiro e as miles de familias que viven no mar”
A portavoz nacionalista, tamén reclamou que o Parlamento galego retorne ao consenso unánime de 2009, para deixar “Galiza libre de eólica mariña” porque esa petición sigue sendo igual de válida.
Non pode ser que a aposta polas enerxías limpas,” que o BNG apoia totalmente”, se faga a costa de destruír os nosos sectores produtivos.
Indemnizacións ao sector a cambio de instalar eólicos no mar?
O propio sector (a través do presidente das confrarías) deixou claro que o sector non se vende por subvencións e que o que quere e seguir traballando, puntualizou.
Na concentración a favor da Pesca e contra o espolio eólico mariño, Pontón participou xunto á eurodeputada, Ana Miranda, Néstor Rego, deputado no Congreso, a deputada e portavoz de pesca nacionalista, Rosana Pérez, a deputada, Mercedes Queixas e o portavoz municipal, Francisco Jorquera ademais de membros da Executiva Nacional do BNG e candidaturas pola provincia de coruñesa.



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



