Ribadeo, 4 de marzo de 2023. Como cada ano a Concellería de Igualdade conmemorará o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, para reivindicar os dereitos das mulleres e render homenaxe a todas as que loitan pola defensa da igualdade.
A Área de Igualdade do Concello de Ribadeo programa un mes de marzo centrado nos actos de conmemoración do Día Internacional da Muller, e que se desenvolverá con actividades de diferente índole para reforzar o principio de igualdade.
A concelleira Mónica Freire explicou que “arrincamos reivindicando co pintado de 38 pasos de peóns a mulleres pioneiras que fixeron historia polas súas iniciativas nos seus respectivos campos co obxectivo de facer reflexionar e de concienciar á cidadanía. Como xa anunciamos deste xeito pretendemos visibilizar a mulleres como Manuela Barreiro, Luz Pozo Garza e Concepción Arenal, entre outras, que romperon cos estereotipos establecidos pola cultura patriarcal abrindo novos espazos para as seguintes xeracións de mulleres”.
A edil ribadense anunciou que “ao longo do mes editarase un folleto onde, xunto ao rueiro de Ribade, estarán sinalizados os de peóns cos nomes de cada unha das 38 mulleres. Ademais o vindeiro luns, 6 de marzo, dentro do programa O Concello cos Coles a poeta Olga Novo, galardoada co premio Nacional de Poesía en 2020, visita ao alumnado do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e Escola Oficial de Idiomas. E o 8 de marzo adherímonos e chamamos á participación na manifestación feminista 8M, organizada por varios colectivos, que sairá ás 20:00 horas do aparcadoiro situado a carón da rotonda do instituto”.
Freire Rancaño seguiu a contar que “o 11 de marzo ás 20.00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval Leilía traerán as súas Vidas Cantadas a Ribadeo, un concerto moi especial. Despois de máis de 30 anos sobre os escenarios as pioneiras Leilía están inmersas na súa xira de despedida. A entrada xeral terá un prezo de 10 euros e para persoas desempregadas, estudantes ou xubiladas será de 5 euros. Ao día seguinte, o 12 de marzo, Trinke Trinke Teatro representará O ratiño presumido ás 17:30 H na Biblioteca Municipal O Vello Pancho. Trátase dunha versión adaptada do conto popular que aborda o tema da igualdade de xénero para romper cos estereotipos. A entrada será de balde ata completar a capacidade do espazo”.
A concelleira de Igualdade engadiu que “a partir do 18 de marzo de 11 a 13:30 horas na Casa do Viejo Pancho ofrecemos un obradoiro de biodanza para mulleres Movéndonos cara o botrato, que será impartido por Mari Fidalgo, psicóloga e facilitadora autorizada de Biodanza SRT. Esta actividade ten unha frecuencia quincenal con 4 sesións en total, os días 1, 15 e 29 de abril ademais do 18 de marzo . As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición que poderá facerse nas Oficinas do CIM ou no teléfono 982120739 ata o 10 de marzo. As clases son gratuítas”.
A Área de Igualdade do Concello de Ribadeo anima “á cidadanía a que participe en todos os actos programados para este mes de marzo e lembre o destacado papel que a muller xoga na sociedade”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



