Viveiro, 21 de abril de 2023. O Concello de Viveiro está a executar importantes obras no municipio dentro do plan municipal de mellora continua dos servizos e infraestruturas públicas.
As dúas actuacións que se levan a cabo neste momento, que axudarán a mellorar os servizos da veciñanza, están incluídas dentro do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2022 da Deputación de Lugo.
No caso de Pallaregas, as obras consisten na reposición do firme do vial denominado pista Ponte Feve-Casería, así como de parte do ramal do vial da pista en Vilar de Abaixo-O Rego, que da acceso ás vivendas de Porta Leira, na parroquia de Covas. O orzamento deste proxecto é de 129.882,11 €.
Tamén se executa a substitución da rede de abastecemento de auga na parte do vial principal, debido ao seu deterioro, e dótase de formigón nas zonas onde existen máis edificacións para garantir unha correcta circulación das augas pluviais. Ademais estase a renovar a sinalización vial, tanto horizontal como vertical.
Pola súa banda, estanse a executar tamén as obras de reposición do firme e a ampliación da rede de saneamento no lugar de Brieiro, na parroquia de Faro.
Estas actuacións, centradas no Camiño do Fultreiro, no Camiño da Fatiga e no Camiño da Cruz, tamén dotarán á zona dunha nova sinalización vial.
O orzamento de execución por contrato, segundo proxecto, ascende a 51.554,83 euros.
“Todas estas actuacións teñen como obxectivo mellorar as condicións de vida dos nosos veciños e veciñas, garantir a funcionalidade e humanizar o entorno, así como reforzar a seguridade viaria”, subliña a alcaldesa María Loureiro.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



