A candidata socialista explicou que nesta nova andaina política “rodéanme persoas traballadoras e comprometidas. Formamos un equipo que cre nas posibilidades de Burela e no seu futuro. Esa é a nosa senda, traballar por e para o noso pobo e a súa veciñanza”
Burela, 22 de abril de 2023. Os socialistas de Burela celebraron este sábado no Salón de Conferencias da vila o acto de presentación da candidatura ás eleccións municipais, liderada por Carmela López Moreno.
Un encontro ao que asistiu o Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, a Vicesecretaria do PSdeG e Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Deputada Autonómica Patricia Otero e o senador César Mogo, entre outros representantes institucionais do partido, alcaldes, concelleiros, militantes e simpatizantes do municipio e da comarca.
José Tomé dixo que Carmela López Moreno “é o mellor exemplo da fortaleza, dinamismo e ilusión que representa o Partido Socialista”, e tamén “de que os socialistas sempre vamos abrindo camiño na igualdade”, pois é a primeira muller candidata do Partido Socialista en Burela e “será a primeira muller Alcaldesa de Burela” pola súa “preparación, capacidade de traballo, experiencia, coñecemento do concello, empatía e contacto co tecido empresarial e asociativo”.
“Serás Alcaldesa para seguir mellorando a vida da xente ,defender os servizos públicos, a xustiza social, o benestar, a igualdade de oportunidades, para traballar polas infraestruturas, pola promoción da economía e polo apoio á pesca, tan importante neste concello e na comarca. E por suposto, dando continuidade e un novo impulso ó proxecto liderado polo Alcalde, Alfredo Llano”, remarcou o líder socialista na súa intervención, agradecendo ao rexedor “todos estes anos á fronte do proxecto socialista”.
O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo explicou que neste mandato que remata, “dende o goberno progresista da Deputación de Lugo dedicamos a Burela máis de 3.100.000€, para mellorar e para dotar de novos servizos ós veciños e veciñas, en colaboración sempre co Concello. Esa vai seguir sendo a nosa senda, traballar unidos”, expuxo.
A actual Concelleira de Servizos Sociais e Mar e Alcaldable sinalou que dá “un paso adiante” como candidata á Alcaldía “co reto de poder traballar ao servizo da vila na que nacín e a vila que desexo ver medrar día tras día”. “Preséntome co maior respecto, tamén coa máxima ilusión e, por suposto, sendo consciente da enorme responsabilidade que esixe este cargo público. Quero gobernar para cumprir ese soño colectivo de transformar e modernizar o noso concello”.
Ademais, a candidata socialista explicou que nesta nova andaina política “rodéanme persoas traballadoras e comprometidas. Formamos un equipo que cre nas posibilidades de Burela e no seu futuro. Esa é a nosa senda, traballar por e para Burela e a súa veciñanza. Por iso, quero aproveitar esta ocasión para agradecer ao compañeiro Alfredo Llano, así como aos membros do Goberno o seu esforzo incansable ao longo destes anos pelexando sempre por mellorar os nosos servicios e as nosas dotacións públicas ”, incidiu.
“Aínda nos queda moito camiño por percorrer, pero dende logo que estamos preparados para asumir novos retos que posicionarán a Burela no espazo que se merece. Temos unha folla de ruta clara e un proxecto definido que abarca melloras a todos os niveis e en todas as áreas, no que a participación e a escoita dos cidadáns é fundamental”. E subliñou que “debemos detectar necesidades e conseguir solucións para facilitarlle a vida aos nosos veciños e veciñas”.
Candidatura do PSdeG ás eleccións municipais de Burela
A candidatura socialista de Burela está composta polos seguintes candidatos e candidatas:
1- Carmela López Moreno
2- Ramiro Fernández Rey
3- Lina Gómez Pardo
4- Carlos Méndez Pena
5- Patricia Eijo Palmeiro
6- Antonio Carlos Gonçalves
7- Catalina Caamaño Isorna
8- José Manuel Casdelo Filgueiras
9- María Elvira García López
10- Diego Fole Eimil
11- Celia Álvarez Mazorra
12- Alberto Méndez Suárez
13- Patricia Otero Rodríguez
14- Manuel José Fernández Rodríguez























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



