Trátase dunha publicación que recolle a historia da creación musical na cidade e nas disitntas comarcas deténdose en músicos, bandas, locais e festivais que protagonizaron a vida musical nas últimas décadas. A presentación contou coa actuación de Sintético Fantástico, formado por musicos mariñaos como Iván Laxe do emblemático grupo Os Skornabois. O acto forma parte dunha xira de presentacións concerto que continuará en vindeiras datas en Vilalba, Sarria, Chantada e Monforte, dando en cada punto o protagonismo a distintos grupos locais.
![O músico Juan Castro Lodeiro presentou este sábado en Foz o libro “Aquínon pasa nada. Historias musicais de Lugo”, editado coa colaboración doServizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2023/04/DSC_0755-1024x683.jpg)