A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe a nova oficina de asesoramento personalizado e continuo ás persoas emprendedoras que comezará desde mañá a prestar servizo
Mondoñedo, 3 de abril de 2023. A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe un novo Polo de emprendemento e apoio ao emprego, que se emprazará en Mondoñedo, e que desde mañá prestará servizo aos 15 concellos das comarcas A Mariña Central, Occidental e Oriental. Lorenzana puxo en valor esta nova oficina de asesoramento personalizado e permanente ás persoas emprendedoras, xa que explicou que o tecido autónomo na Mariña Lucense é “unha forza tractora da comarca”, tal e como o reflicten os datos: as 6.878 persoas traballadoras autónomas desta zona representan o 32,8% da provincia de Lugo.
A titular de Promoción do Emprego sinalou que con este novo polo aumentarase a cobertura da Rede a case o 70% do territorio e lembrou que o obxectivo é que antes de que remate 2023 se amplíe ata o 100% coa posta en marcha de 15 polos. Na provincia de Lugo haberá un total de cinco: ao da Mariña sumánse o de Monforte de Lemos, o da Fonsagrada, Friol e o da cidade de Lugo.
En palabras de Lorenzana, o apoio da Xunta ao emprendemento en Galicia é “indiscutible” con 120 millóns de euros este ano de recursos económicos a políticas de emprendemento, traballo autónomo e economía social.
Para rematar, recordou que a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta é unha iniciativa que forma parte de Xempre Contigo, a nova estratexia autonómica de emprego coa que se busca levar a cabo unha renovación das políticas públicas de emprego para dar resposta ás necesidades emerxentes do mercado laboral e para conseguir máis e mellor emprego para as galegas e galegos.
A conselleira remarcou que é unha estratexia que pon o foco nas persoas, centrándose nas capacidades e traballando para mellorar as oportunidades profesionais. “A Rede de polos contribúe a este fin porque ofrece proximidade ao traballo que os actores locais, o tecido empresarial e os emprendedores fan das súas contornas”, rematou.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



