Viveiro, 25 de abril de 2023. O Concello convida á veciñanza a acompañar ao xornalista viveirense Ramón Pernas o próximo mércores, 3 de maio, no acto de entrega do Premio José Luís Alvite que lle concede a Asociación de Periodistas de Galicia (APG).
A cita, que terá lugar no Teatro Pastor Díaz ás 19:00 horas, contará coa presenza do Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, Román Rodríguez González, da alcaldesa, María Loureiro, xunto á presidenta da APG, María Méndez, e directivos da entidade.
A entrega destes prestixiosos galardóns, que alcanzan a súa oitava edición, será conducida pola xornalista Juana Carrera.
O xurado do Premio José Luis Alvite concedeu ao periodista, escritor e crítico literario Ramón Pernas esta distinción “pola súa longa e brillante traxectoria como articulista e columnista, ademais de ter exercido durante décadas, con éxito, o oficio de xornalista nas súas máis diversas vertentes, incluídos varios cargos de responsabilidade en medios de comunicación”.
“Viveiro ten moito que agradecer a Ramón Pernas. No seu labor a prol da vila promovendo iniciativas culturais, cos seus artigos e cos seus libros, sempre ten presente a nosa vila exercendo de perfecto embaixador do noso. Por iso creo que é xusto que tamén os veciños e veciñas da vila arroupemos a Ramón e desfrutamos ao seu lado deste día tan especial para el”, subliña a alcaldesa María Loureiro.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



