Desde o grupo municipal popular lamentan que se utilice diñeiro público para manipular con vallas publicitarias as actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia
Ribadeo, 14 de abril de 2023. O grupo municipal popular de Ribadeo lamenta o despilfarro de diñeiro público realizado polo goberno do BNG e alude a unha falta de responsabilidade clara pola súa parte. Neste sentido, os populares fan referencia a unha valla publicitaria colocada polo Concello na estrada do Faro no que se critica a actuación da Xunta de Galicia na conservación e mantemento do tramos San Cibrao-Ferrol . “Unha valla supostamente reivindicativo que colocaron ao lado duns contedores do lixo absolutamente esnaquizados, aínda que o raro sería encontrar uns contedores ben coidados claro”, explica a coordinadora de promoción local Marta Saiz.
Neste sentido, Marta Saiz lamenta que se gaste diñeiro público nunha acción electoralista: “É indignante o despilfarro e a falta de responsabilidade coa que este goberno administra o diñeiro público, porque, a non ser que se pague coas dedicacións exclusivas, vai pagarse co diñeiro de todos os veciños e veciñas de Ribadeo”. A coordinadora de promoción local, cre que esta valla é unha forma de manipulación máis do goberno do BNG pois “saben perfectamente que a autoridade portuaria vai actuar en todo o tramo con novo pavimento, aparcamentos e carril bici”.
Saiz lamenta que “utilicen o diñeiro público para manipular con carteliños” pero “non ven a necesidade de colocar papeleiras en toda a estrada do Faro”. Ademais, resalta que “deberan investir en xabón para lavar os contedores nesta Semana Santa. Reivindican o arranxo dunhas fochancas que saben que xa se van arranxar pero non ven as fochancas e lameiros que eles chaman aparcadoiros”.
Por outra banda, desde o grupo municipal non entenden que o goberno do BNG prohíba colocar vallas en toda a costa á iniciativa privada “pero sí para carteliños infantiloides”.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.


