A Mariña, luns 10 de abril 2023. O BNG vén de anunciar unha nova cabeza de lista, que é a candidata de Xove, Pilar Vázquez. A formación nacionalista continúa traballando para levar a todos os concellos o proxecto Bng, un modelo de éxito, de bo traballo, de transformación e de cambio como se está a ver alí donde o Bng tén responsabilidades de goberno.
Pilar Vázquez Sánchez, candidata á alcaldía en Xove e primeira muller en facelo na formación nacionalista local
Pilar Vázquez Sánchez, administrativa e veciña da parroquia de Portocelo que vive actualmente en Xove. Vice-responsable comarcal do BNG na Mariña e activa na asamblea local dende hai varios anos. Preséntase a estas eleccións con ilusión e con confianza no novo proxecto que presentarán ao longo destas semanas os nacionalistas en Xove. “Somos unha alternativa seria para un concello que leva paralizado case 16 anos. É precisamente esa parálise a que supón que cada vez máis xente nova coma min sinta a necesidade de implicarse na política municipal pois, levamos prácticamente máis da metade da nosa vida vendo como este concello non só non medra, se non que non se actualiza aos tempos nos que vivimos” afirma Pilar Vázquez que, á vez, anuncia que o resto da candidatura será presentada nun acto que terá lugar nas vindeiras semanas. “Como é habitual nesta asemblea local, facer as listas é cada vez máis complexo dada a cantidade de xente que se suma a este proxecto. Un proxecto que presenta unha alternativa de goberno renovada e á vez con experiencia, que pensa por e para a veciñanza, que quere ao país e aposta polo futuro e polo bo facer na política”. Afirma tamén que o ata agora voceiro municipal, Xosé López Hermida, irá tamén no primeiro tramo da lista e que, polo tanto, continuará no proxecto nacionalista.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



