A candidata declarou que se presenta a estas eleccións “con moita ilusión e con moitas ganas de impulsar proxectos prioritarios para o meu concello, como a creación de emprego ou a mellora de servizos asistenciais para a veciñanza. Vivo na Rigueira dende fai 41 anos. Polo tanto, coñezo ben ás necesidades desta vila”
Xove , 23 de abril de 2023. Rogelia Mariña Pernas é a candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Xove. O Secretario Xeral do partido na provincia de Lugo, José Tomé Roca, mantivo un encontro coa candidatura socialista liderada por Rogelia Mariña no que recalcou que “é unha muller moi comprometida coa clase traballadora, coas mulleres e sobre todo unha gran loitadora contra as desigualdades e as inxustizas laborais. Agora dá un paso máis no fondo compromiso que xa ten demostrado co seu pobo e coa comarca para seguir traballando por un futuro mellor para todos os veciños”. “Vendo as ganas e solvencia desta candidatura, estou convencido de que acadará un bo resultado o vindeiro 28 de maio”, afirmou José Tomé.
O líder dos socialistas na provincia explicou que Xove “necesita políticas progresistas e socialistas”. “Hai que aproveitar o enorme potencial que existe neste concello e nesta comarca, e facelo escoitando á xente e resolvendo os seus problemas, cun proxecto pensado para os veciños e veciñas de Xove, centrado nas persoas e nos colectivos sociais que a conforman”, incidiu.
Isto contrasta coa actitude do PP, que “só vén á Mariña para criticar ó Goberno do Estado e para facerse fotos, pero nunca para aportar solucións ós problemas dos mariñanos. O PP traizoou á Mariña con Altri, mete medo co futuro da pesca, da industria ou das infraestruturas, pero onde o PP mete medo, os socialistas facemos propostas, poñemos ilusión, ideas e iniciativas”, asegurou o Secretario Xeral do PSdeG na provincia.
Rogelia Mariña explicou que se presenta a estas eleccións “con moita ilusión e con moitas ganas de impulsar proxectos prioritarios para o meu concello, como a creación de emprego ou a mellora de servizos asistenciais para a veciñanza. Vivo na Rigueira dende fai 41 anos. Polo tanto, coñezo ben as necesidades do meu concello. Estrou preparada para afrontar este novo reto”.
Candidatura renovada e comprometida
“Únome a este proxecto político socialista e progresista, formando parte dunha candidatura renovada de mulleres e homes deste concello, comprometidos para traballar polo futuro do noso pobo. É o momento de falar de futuro e construílo entre todos cun cambio de timón. E por suposto, tamén é o momento de entendernos sen crispacións, con respecto e educación, e de loitar por un obxectivo común, como é Xove”, incidiu.
A candidata subliñou que coa presentación desta candidatura “damos un paso cara adiante firme e comprometido, xa que non podemos quedarnos quedos diante da parálise que sofre este concello co PP. Por iso, o noso único compromiso é traballar para todos e todas, sen importar a cor política ou condición persoal, o que nos une é Xove”, expuxo.
Presidenta do Comité de Empresa en Sargadelos
Rogelia Mariña Pernas, veciña de Rigueira, foi durante 30 anos delegada sindical en Sargadelos e presidenta do Comité de Empresa, onde foi despedida por cumprir coas obrigas que implica o seu cargo de delegada electa e representante de UXT na empresa. O despedimento foi considerado nulo polo Xulgado do Social.
Por primeira vez encabeza unha candidatura socialista ás eleccións municipais.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



