Ribadeo, 19 de maio de 2023. Acisa Ribadeo presenta a súa bolsa de emprego. Trátase dun servizo que ofrece ás súas asociadas e asociados de cara á tempada de verán.
A presidenta de Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Carmen Cruzado, explicou que “dende Acisa Ribadeo somos plenamente conscientes de que cada vez é mais complicado encontrar persoal cualificado para dar cobertura ás múltiples demandas de emprego tanto de hostalaría, de comercio como de servizos. As causas poden ser moitas, pero o que sabemos obxectivamente é que os nosos negocios necesitan persoal de cara o verán e moitos deles están xa na busca activa de camareiros, axudantes de cociña, dependentas, gobernantas, recepcionistas ou limpadoras, entre outras e outros”.
Cruzado Iglesias dixo: “por sorte a tempada turística cada vez comeza antes e urxe ir cubrindo estas vacantes para que poidamos ofrecer dende os nosos negocios o mellor servizo posible. Esta bolsa de emprego cremos que pode ser un servizo moi importante e útil para as asociadas e asociados de Acisa Ribadeo, tanto para as nosas empresas como para as persoas que se atopan na busca activa de emprego”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “deste xeito Acisa pon a disposición o seu programa de emprego, cunha canle bidireccional. En primeiro lugar, recordámoslles aos nosos socios e socias que poden enviarnos as ofertas de emprego si necesitan cubrir algún posto con necesidades específicas e nos publicámolas nas nosas redes sociais e enviámoslles os currículos que teñamos na nosa base de datos. E en segundo lugar, a novidade deste ano é que toda aquela persoa que estea buscando traballo ou queira traballar de cara o verán en calquera posto de traballo relacionado coas empresas asociadas a Acisa Ribadeo pode enviarnos o seu currículo ao seguinte correo electrónico info@acisaribadeo.es indicando qué empregos son do seu interese e nos terémolos na nosa base de datos e así cando chegue unha oferta laboral, poderemos enviar todos os currículos susceptibles de cubrir ese posto de traballo ás empresas asociadas a Acisa Ribadeo”.
Novos locais asociados
Nas últimas semanas decidiron darse de alta e formar parte da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo negocios como A Menchina, Serendipia, Farmacia Montse Iglesias, Talleres Cardi, Asesoría Administrativa Ribadeo, Floristería Maribel e Cuatro Vientos.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, sinalou: “queremos darlles a benvida a todos estes negocios. Desde que esta directiva chegou a Acisa, a mediados do pasado mes de xullo, levamos tramitadas 19 altas, unha cifra que consideramos moi importante e que agardamos seguir incrementando ao longo das vindeiras semanas. A nosa campaña de captación de socias e socios segue en marcha”.
Pérez Prada, o xerente, manifestou: “é certo que tamén se produciron algunhas baixas, pero o movemento que rexistra Ribadeo de aperturas de novos negocios ou de cambios de xerencia segue a indicar o atractivo e a puxanza que ten a nosa vila, que segue a ser elixida por moitos emprendedores e emprendedoras para dar este importante paso. Grazas a elo Ribadeo segue a ser o referente comarcal comercial e hostaleiro así como destino semanal de moitos veciños e veciñas de toda a contorna para mercar, comer, cenar ou tomar algo. Ribadeo é ano tras ano visita obrigada para milleiros de turistas, de preto e de lonxe”.
E engadiu: “en Acisa seguimos sendo un referente tamén no noso sector, cos servizos que prestamos, coas campañas que organizamos e co dinamismo económico que xeramos ao longo de todo o ano”.





















O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



