A nave de redes do porto de Burela (Lugo) acolle desde este mércores ata o sábado a XIX Feira Expomar, cita bienal que chega catro anos despois tras o parón obrigado pola pandemia do Covid en 2021
Burela, 9 de maio, 2023. A conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, inaugurará este mércores pola mañá a 19ª edición da Feira Expomar, que promete superar todas as marcas de anos anteriores e presenta un programa de actividades moi completo, que inclúe desde exposicións de barcos dentro da feira ata as citas anuais máis imprescindibles para o sector profesional, como as Xornadas Técnicas ou o Encontro Empresarial, que se celebrarán o xoves e o venres.
Dentro deste abanico de eventos destaca a celebración do pleno do Consello Galego de Pesca, que cambiará a súa habitual sede en Santiago para reunirse o mércores pola tarde en Burela dentro do marco de Expomar 2023, presidido pola Conselleira do Mar e xuntando aos principais representantes da pesca en Galicia para tratar os temas de maior interese para o sector.
O programa de actividades inclúe novos contidos e actividades paralelas que se suman á tradicional oferta deste certame. A carpa anexa á nave de redes acollerá o “Espazo Abanca”, punto de encontro de profesionais, ademais do habitual servizo de restauración e varios puntos de exposición, entre os que destacará un barco camaronero de 12 metros de eslora e 4,5 metros de manga e outros vehículos do Servizo Marítimo da Garda Civil.
Ao longo dos días da feira tamén se poderá visitar a exposición “A Mariña Sumerxida” con fotografías de Carlos Gil e Hugo Fernández, patrocinada polo GALP A Mariña Ortegal.
Tamén se celebrarán xornadas de portas abertas en diferentes embarcacións amarradas no porto de Burela, como o Barco Museo Boniteiro “Reina del Carmen”, do Concello de Burela, ou o “Sar Gavia”, de Salvamento Marítimo. Mércores e xoves poderá visitarse tambien a patrulleira “Río Paz”, da Garda Civil, e venres e sábado fará o mesmo o patrulleira “Río Luna”, construída recentemente en Astilleros Armón Burela.
Desde este mércores 10 de maio o porto de Burela convértese máis que nunca na capital do mundo da pesca e a náutica, celebrando unha feira Expomar que supera os 5.000 metros de exposición e que busca superar a cifra de negocio xerada por expositores e visitantes profesionais durante a última feira, con máis de 300 marcas comerciais representadas e converténdose seguramente na edición máis internacional e de maior relevancia global dentro dos sectores da pesca e a industria naval.






















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



