O sindicato nacionalista denuncia que o propio SERGAS incumpre a súa propia normativa no anuncio da ampliación do Hospital da Mariña en materia de conciliación da vida laboral e familiar
Burela, 3 de maio de 2023. CIG Saúde A Mariña impulsou unha recollida de sinaturas entre as traballadoras/es reclamando que se cumpra a normativa do SERGAS, e que o Hospital da Mariña conte cunha ESCOLA INFANTIL PÚBLICA para nenos e nenas de 0 a 3 anos e así favorecer a conciliación da vida laboral e familiar.
Desde CIG Saúde A Mariña solicitan a creación dunha escola infantil pública no Hospital da Mariña (ao igual que noutros hospitais SERGAS) co obxectivo de axudar a conciliar a vida familiar e laboral, que abra de 7:30 a 22:30 horas durante todos os días da semana, incluídos festivos.
A escola debe ser un lugar de socialización, afecto e desfrute onde se cubran todas as necesidades infantís; saúde, hixiene, descanso, xogo e afecto, nun ambiente cálido e acolledor.
A gardería debe constar con dependencias acondicionadas e cun proxecto educativo propio adaptado á idade do neno/a, levando a cabo unha serie de obxectivos xerais en cada unha das etapas.
Débese dar unha gran importancia tanto ao desenvolvemento harmónico, físico e psíquico como á autonomía do neno/a, xa que o primeiro ciclo de educación infantil é clave para as seguintes etapas da súa vida.
O equipo debe estar integrado por mestres/as de Infantil e técnicos superiores de Educación Infantil.
Entenden que é obriga da administración cumprir a súa propia normativa e poñer a disposición das traballadoras e traballadores medidas de conciliación para favorecer o coidado das crianzas en horario laboral. Unha medida imprescindible para que aquelas mulleres que decidan libremente ter fillos/as non se atopen con trabas que lles fagan elixir entre ser nai ou desenvolverse profesionalmente.
Desde a CIG apostan polo coidado, desenvolvemento e recoñecemento dos e das profesionais, e apostando pola conciliación laboral e familiar do persoal.
Por todo o anterior solicitan o cumprimento dos acordos adoptados pola Mesa sectorial de negociación en materia de protección das persoas traballadoras durante o embarazo (DOG da RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2022).
Medidas de conciliación e apoio á crianza
Zonas para o coidado de nenos e nenas de 0-3 anos.
No caso de novos hospitais ou ampliación (no suposto de que por problemas estruturais non fose posible nas instalacións actuais) habilitaranse zonas para o coidado de nenos e nenas de 0-3 anos ou subscribiranse concertos con gardarías próximas.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



