Lourenzá, 3 de maio de 2023. Vilanova de Lourenzá acollerá numerosas actividades ata o día 17 deste mes para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado ao laurentino Francisco Fernández del Riego. Este programa de actos está organizado polo Concello e a Mesa Coordinadora Don Paco.
Este venres, día 5, terá lugar a entrega ao colexio Juan Rey do primeiro premio do concurso de carteis convocado pola Secretaria Xeral de Política Lingüística.
O sábado 6 presentarase o libro Francisco Fernández del Riego, lembranzas e reflexións, escrito por Héitor Mera, José Luis Abalo e Xan Leira. Será no centro social de San Xurxo ás 19:00 horas.
Para o día 7, domingo, está programada a andaina Cosme Barreiros-Salvador Lorenzana. A saída será desde Vilamartín Grande ás 10:00 horas e a recepción no Concello de Lourenzá está prevista para as 12 do mediodía.
O mércores 10 inaugurarase unha exposición patrocinada pola Xunta de Galicia. O acto será no Museo de Arte Sacra ás 19:00 horas.
O día 11, xoves, ás 20:00 horas no salón de actos do Concello presentarase o libro Lume aceso, de Manuel Román Ramos e Xosé López González.
Para o venres 12 a partir das 10:00 horas está programado o Correlingua da Mariña, que se desenvolverá polas rúas de Vilanova.
E o 17, Día das Letras Galegas, haberá varias actividades: ás 11 da mañá na Praza do Conde Santo terá lugar o acto institucional da Xunta de Galicia; ás 12:30 horas no Multiusos Ponte de Cuñas celebrarase unha sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega; e ás 15:00 horas empezará no Campo do Mosteiro unha comida homenaxe a Francisco Fernández del Riego e ás Letras Galegas. Ademais durante todo o día haberá actuacións musicais que correrán a cargo de grupos como a asociación Osorio Gutiérrez, a Banda de Música de Lourenzá, o coro Mestre Pacheco, Treixadura e Souto Xímaro.























Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



