Loureiro demostrou “moitas ganas e ilusión” para seguir sendo Alcaldesa de Viveiro, “unha das cousas máis bonitas que me pasaron na vida”, durante o encontro socialista celebrado este sábado no Teatro Pastor Díaz coa participación do Delegado do Goberno en Galicia e a Subdelegada do Goberno
Viveiro, 20 de maio de 2023. A Alcaldesa de Viveiro e candidata á reelección polo PSdeG o vindeiro 28 de maio, María Loureiro García, presentou este sábado á noitiña a súa candidatura nun encontro con veciños e veciñas no Teatro Pastor Díaz. Un acto que contou coa presenza do Delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, e da Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, ademais de alcaldes, alcaldesas e portavoces da comarca.
María Loureiro amosouse con “moitas ganas e ilusión” por seguir sendo a Alcaldesa de Viveiro. “Síntome con máis forza ca nunca, unha forza que comparte o equipo co que volvo dar un paso adiante porque temos moitos proxectos e iniciativas para continuar mellorando Viveiro”, afirmou. “Unha das cousas máis bonitas que me pasaron na vida foi ser a Alcaldesa do meu pobo. Eu nacín aquí, crieime aquí, os meus fillos medran aquí en Viveiro, a miña familia tamén é de aquí e para min é unha satisfacción ser a Alcaldesa para axudar ós veciños a atopar solución ós problemas e impulsar o futuro do concello”.
“Seguiremos abrindo o Concello a todos os veciños e veciñas de Viveiro como fixemos ata o de agora porque, cando teñen un problema, acoden directamente a nós, e nós estamos aí porque cremos que a nosa responsabilidade é mellorar a vida dos veciños e veciñas”, asegurou ante un Teatro Pastor Díaz cheo de xente.
Plan Industrial da Mariña
A Alcaldesa foi firme á hora de reivindicar, unha vez máis, un Plan Industrial para A Mariña, que sería clave para o desenvolvemento industrial e económico da cidade do Landro. Loureiro manifestou que é “unha materia pendente, aquí en Viveiro carecemos de Plan Industrial porque a competencia é da Xunta de Galicia, nós xa reivindicamos en numerosas ocasións que é imprescindible para que a o noso concello e a nosa comarca avance”. “Vivimos nun concello moi rico, cunha poboación nova e activa e, se temos postos de traballo, se hai industria, os veciños e veciñas non se van a outros lugares buscar traballo. Temos que apostar por ese Plan Industrial”, aseverou.
Así mesmo, no ámbito da promoción económica, a Alcaldesa aposta “por seguir impulsando o parque empresarial, dándolle facilidades ás empresas que se instalan, como é o caso das bonificación das licenzas”. “O noso obxectivo é continuar traballando para que haxa máis empresas. A día de hoxe temos 16 instaladas no noso parque”, asegurou Loureiro. “Temos un sector forestal e un sector pesqueiro punteiro, pero temos que ir un paso máis alá e esforzarnos porque a nosa industria medre”, dixo.
Renovación de rúas e espazos públicos
A rexedora debullou os proxectos máis importantes que contempla o programa electoral da candidatura socialista de Viveiro para os vindeiros catro anos. Explicou que executará o proxecto de renovación do barrio da Xunqueira, fará un arranxo integral das beirarrúas de Xunqueira a Magazos, e tamén acometerá un proxecto de remodelación dos Xardíns Noriega Varela para a creación de zonas de sombra e plantación de zonas verdes.
Tamén solicitará a cesión integral do peirao para que pase a ser de titularidade municipal, ao igual que a adquisición do espazo do Casino para humanizar esta zona como zona deportiva e de lecer para o conxunto da sociedade viveirense.
Así mesmo, acondicionará diferentes rúas, como é o caso da que dá acceso a Os Espiñeiros, a continuación da Rúa Grande en Celeiro ata a estrada xeral, a renovación integral da rúa do Porto, en Celeiro, a estrada de Pénjamo ao Cemiterio de Viveiro e rúa Teodoro de Quirós, entre outras actuacións.
A Alcaldesa avanzou tamén a mellora do paseo marítimo da Praia de Covas e a realización dun plan de mellora do alumeado público para obter un aforro enerxético, ademais da ampliación do cemiterio de Altamira, entre moitas outras actuacións.
“Seguiremos a demandar cada día unha estrada de circunvalación e unha vía de altas prestacións para o noso concello, así como a conexión de Viveiro coa autovía de Vilalba a Ferrol, na estrada LU-550, coa súa mellora integral”, indicou.
Anos de intenso traballo por Viveiro
A Alcaldesa afirmou que este último mandato non foi doado polas diferentes situacións sobrevidas que atravesou o municipio, tendo que deixar a un lado “proxectos ilusionantes” para focalizar todos os esforzos en dar resposta a unha crise sanitaria sen precedentes. “Xuntos conseguimos saír adiante, fomos un dos primeiros concellos de Galicia en poñer en marcha medidas para non deixar a ninguén atrás, pensando nas persoas que viven soas, nas máis vulnerables, nas familias, nas pemes e nos autónomos”.
Neste mandato, “desde o Concello demos pasos fundamentais para ter un novo PXOM, unha ferramenta fundamental para o futuro de Viveiro. Fixemos todo o que estaba na nosa man para axilizar o proceso e a aprobación definitiva está moi preto”, subliñou.
Lembrou que nestes últimos anos, o Goberno que dirixe desenvolveu “un plan continuo de renovación dos servizos e infraestruturas básicas do municipio, con obras e actuacións no casco urbano e en todas as parroquias”. “Somos a gran referencia da Mariña grazas á nosa aposta por un turismo máis sostible e desestacionalizado, e seguiremos traballando na mesma liña”. Así se comprometeu Loureiro a darlle continuidade ao pulo turístico no que está inmerso a cidade do Landro grazas á súa xestión.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



