Muras, 7 de maio de 2023. As declaracións da candidata do PP en Muras, poñen de manifesto o descoñecemento absoluto do funcionamento administrativo do concello e o pouco interese por informarse minimamente do que fala.
A ousadía do Partido Popular non ten límites, e o papel aguanta de todas as letras. Dende o BNG pedímoslle a portavoz da oposición, que actúe con máis prudencia e responsabilidade, no exercicio do seu cargo de concelleira. Sabemos que é libre para reprobar a nosa acción de goberno, para criticarnos ou para publicar os nosos erros, que tamén os podemos ter, pero cando o faga, que o faga con rigor, e sobre todo sen prexudicar a imaxe do concello de Muras, que ben merece ser respectada, goberne quen goberne.
O concello de Muras non ten débeda pública ningunha, e nos informes de intervención sobre o último orzamento aprobado para o 2023, pode comprobar, se os lee do dereito, que temos aforro bruto e neto positivo para este ano, e que o período medio de pago no ano 2022 foi de 39,34 días, e non o di o Alcalde ou o BNG, senón que están nos informes de secretaría que ela ten nas súas mans. E o remanente de tesourería na liquidación das contas do ano 2022 foi positivo, polo que os veciños e veciñas non merecen ter na corporación unha concelleira que falta á verdade e que pretende desprestixiar a reputación do concello de Muras, por enriba de todo. Non é fácil entender os parámetros e os conceptos que se manexan na política contable dun concello, pero o mínimo que se esixe é un pequeno esforzo por comprendelos, ou por preguntar a quen entenda para que llos explique, antes de publicar datos imprecisos e falsidades. O recoñecemento extraxudicial de Crédito que aprobamos no último pleno, que se aproba todos os anos, e así se fai en todos os concellos, tamén nos que goberna o PP, recoñécense e páganse facturas do exercicio anterior, por diferentes motivos contables, que non imos enumerar, pero non porque o concello non teña cartos, porque as contas de Muras están totalmente saneadas.
Manuel Requeijo manifestou que “é un auténtico despropósito as barbaridades que publica a candidata do PP, demostrando un absoluto descoñecemento do funcionamento do concello”. O portavoz do BNG de Muras engadiu que “Entendo que critique o gasto en asesoramento xurídico, porque seguramente non quixera que denunciásemos ao anterior Alcalde, que foi condenado a 9 anos de inhabilitación, por enchufar a dedo a ela mesma e a outra xente da súa candidatura”. Por último, Requeijo apuntou que “O BNG demostrou estes anos que gobernamos de forma distinta ao PP, sen amiguismos, sen enchufes, con total transparencia, gobernando para todos e todas, sen mirar a cor política de ninguén e nos esforzamos cada día en facelo ben e mellor”.




















Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada



