Despois da extensión de fibra óptica levada a cabo nesta lexislatura pretende eliminar os problemas de cobertura de telefonía móbil e mellorar o sinal de televisión
Foz, 16 de maio, 2023. O candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Foz e actual rexedor remarca como unha prioridade mellorar o firme dos camiños. “Nesta lexislatura loitamos contra o illamento das zonas poboadas. Por exemplo no acceso ao barrio de Brea, en Nois, máis de 2,5 km de camiño de terra que era o único acceso dos veciños ás súas vivendas: agora ten asfalto.
Cada vez invertimos máis en conservación, pero debemos incrementar as partidas para avanzar máis na mellora de viais: é unha prioridade”. Outro eslabón importnate na mellora da conectividade no rural é o sinal de telefonía móbil, unha vez que se estendeu a fibra óptica por todo o Concello: “Hai zonas completamente sen cobertura, como no caso de Brea, Fontao, Teixeira ou Trasmonte, que imos solucionar cunha antena que se instalará este ano segundo as previsións. Quédanos pendente Cordido, parte de Cangas ou o Caritel en San Martiño. Mellorar as comunicacións nas parroquias significa atender as necesidade dos veciños e asentar na poboación. Queremos seguir traballando cun obxectivo claro: mellorar Foz, tamén nas parroquias”. – remata Fran Cajoto



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



