Ribadeo, 24 de maio de 2023. O Concello solicitou permiso a Estradas do Estado para executar unha senda peonil no barrio da Lodeira.
A concelleira de Obras, Mónica Freire, explicou que “coa intención e coa necesidade de comunicar os distintos barrios do noso concello, neste caso queremos aproveitar un espazo existente exterior a un vieiro que comunica os barrios de Os Galos e A Lodeira, e que da continuidade a outro existente que os une coa parroquia de Vilaselán”.
A edil ribadense indicou que “a zona na que queremos actuar é colindante cunha vía de servizo municipal, que comunica as rotondas de saída da A-8 co barrio da Lodeira, e que discorre en paralelo á autovía. Desde A Lodeira e Os Galos chegamos ata Vilaselán por debaixo da ponte da A-8, aproveitando unha das beirarrúas existentes”.
Freire Rancaño dixo que “a zona por onde se pretende que discorra o sendeiro peonil, atópase con moita maleza, que se debe cortar para que non invada a vía de servizo. E logo aproveitarase o sobreancho da calzada que hai nun treito deste percorrido”.
E engadiu que “logo de que os técnicos municipais elaboraran unha memoria valorada desta actuación, vimos de solicitar permiso ao Ministerio de Transportes para poder executar este proxecto canto antes, e converter este espazo nun traxecto seguro, xa que é moi empregado pola veciñanza, que transita a través do arcén, sen ningún tipo de protección, cos riscos que iso supón para a súa seguridade”.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.