O grupo de goberno lamenta “as desmesuradas esixencias de Portos de Galicia co cobro de taxas, o que puxo en risco unha vez máis a celebración da festa”
Viveiro, 6 de maio de 2023. O grupo de goberno de Viveiro informa de que a Festa da Merluza de Celeiro, declarada de Interese Turístico Autonómico, celebrarase de novo neste 2023 nunha carpa financiada polo concello.
A festa, que supón un dos eventos gastronómicos máis importantes da comarca poñendo en valor un dos produtos da gastronomía galega de máis prestixio e máis apreciado a nivel internacional, estivo en serio risco de non poder celebrarse o pasado ano polas obras que se estaban levando a cabo na lonxa.
Finalmente, o evento saíu adiante grazas á decisión adoptada dende o Concello Viveiro de asumir os gastos da colocación dunha carpa de grandes dimensións nas inmediacións da piscina municipal.
Sen embargo, aínda que a finalización das obras na lonxa semellaban xa ter solucionado o problema para a presente edición, a exixencia por parte de Portos de Galicia de cobrar unas taxas desmesuradas aos membros da Asociación Cultural e Deportiva Penalba para poder albergar a festa neste recinto, volveu ameazar a que sería a súa 24.ª celebración.
“Lamentamos profundamente a decisión adoptada por Portos. A Festa da Merluza é unha das celebracións gastronómicas máis senlleiras de Galicia, un produto estrela non só para a gastronomía galega, senón clave tamén na economía do país e non comprendemos que se subestime deste xeito”, subliña a alcaldesa María Loureiro.
“Estamos na obriga, unha vez máis, de facer todo o posible para que se leve a cabo xa que é unha das citas máis importantes do ano en Viveiro, unha xornada que axuda á dinamización da nosa economía local e do sector servizos, así que volveremos a asumir o coste da carpa para que se poida manter a súa celebración tamén este ano”, engade a rexedora.
A Festa da Merluza, que no 2022 gañou o premio á excelencia do turismo e a gastronomía da provincia de Lugo, está organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Penalba coa colaboración do Concello de Viveiro, da Cofradía de Pescadores de Celeiro, que dona a merluza precisa para as diferentes elaboracións, xunto ao grupo empresarial Puerto de Celeiro, ademais do apoio da Deputación de Lugo.
Tamén é imprescindible a axuda dos veciños e veciños de Celeiro, que cada ano participan activamente no cociñado das diferentes receitas para a exaltación deste produto.






















O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



