Foz, 3 de maio de 2023. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, informa que o último pleno deste mandato, que se celebrará o xoves 18 de maio, incluirá na orde do día a proposta da Alcaldía para a adxudicación do contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) na modalidade de dependencia do Concello de Foz. Por outra parte, os servizos técnicos están a traballar na licitación do novo contrato da residencia de maiores e centro de día.
Sobre o SAF, o rexedor municipal explica que “é un contrato complexo, cun prazo de duración de 3 anos e un de prórroga, para un valor estimado de máis de 6,5 millóns de euros. A empresa proposta para a adxudicación ofertou o número máximo de horas recollidos no prego: neste novo contrato de axuda no fogar, ademais do servizo de 74.400 horas previsto, imos dispoñer dunha bolsa de horas anuais adicional de 1.100 horas. Ademais a oferta inclúe uns servizos complementarios que consideramos fundamentais e que non existían: de forma anual imos dispoñer de 315 servizos de podoloxía, 208 de fisioterapia e 300 de perruquería”.
Fran Cajoto destaca que “todo isto redunda no beneficio das persoas máis vulnerables, dos dependentes e das súas familias. A empresa proposta para a adxudicación ofertou ademais unha serie de axudas técnicas que superan en número ás recollidas nos pregos: 15 discos, 5 andadores, 20 coxíns antiescaras, 3 cadeiras de rodas, 3 camas articuladas, 3 grúas de mobilización, 10 muletas, 15 patas de elefante e 15 táboas. Son novos medios técnicos para mellorar a atención e aumentar a calidade de vida”.
A empresa adxudicataria proposta pola mesa de contratación é Servizos Sociosanitarios San Roque, que ofertou un prezo por hora de servizo de 17,88 euros (IVE 4% excluído).
Residencia e Centro de Día
O alcalde engade que “o Concello de Foz tamén está a facer os seus deberes coa Residencia e Centro de Día de Foz, ante a negativa do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar de asumir a xestión do servizo garantindo a estadía a residentes e mantendo o seu posto aos traballadores. Os servizos técnicos e xurídicos municipais están xa a analizar o Estudo de Viabilidade entregado pola empresa asesora, estudio necesario para a licitación de contratos de concesión de servizos segundo a lei 9/2017 de Contratos do Sector Público. Para a continuidade do servizo ata a nova licitación, o Concello realizou un estudo técnico que determinou as cantidades a abonar unha vez finalizado o pasado 16 de xaneiro o período inicial de contrato da actual adxudicataria. O Concello realizará nesta primeira quincena de maio os pagos correspondentes ás facturas dos meses de febreiro e marzo, unha vez finalice o período de exposición pública no BOP do suplemento de crédito aprobado no pleno do mes de marzo, necesario para prover de fondos ao Concello para o pago das mesmas”.
A actual adxudicataria do servizo é Servicios Socio Sanitarios de Galicia SL, constituída o 22 de febreiro de 2019, que ten proposto como administrador concursal polo xulgado a Moreno Yoldi y Moreno Laborda Asociados SLP.
“O noso compromiso é cos residentes e as súas familias, cos traballadores e coa legalidade. Cumprimos sempre escrupulosamente coa palabra dada, a atención aos maiores é unha prioridade”, destaca o alcalde.
E a concelleira Ana Rojo informa doutras accións da Concellería de Asuntos Sociais: “cada día aumentan as persoas desfavorecidas que nos solicitan axudas, tanto do roupeiro como do banco de alimentos. Como servizos do Concello nutrimos o banco de todos aqueles alimentos necesarios para unha alimentación equilibrada, facendo fincapé nos lácteos, carnes, legumes, pasta, froitas ou verduras. A pesar da subas de prezos dos alimentos facemos un reparto, mensual, semanal ou incluso diario segundo os casos e as circunstancias das familias”.
Ana Rojo engade: “recuperamos tamén os excedentes en perfectas condicións para o consumo de embalaxe e refrixeración dos supermercados Alimerka e Mercadona. Agradecemos de maneira especial todas aquelas iniciativas tanto de índole privado como de empresas, institucións, fundacións ou asociacións nas doazóns de alimentos para ás familias, toda vez que conciencian e fomentan a solidariedade no noso pobo”.






















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



