O candidato á alcaldía, Roberto Díaz, manifestou o seu apoio ao asentamento de empresas “para recuperar actividade no municipio” durante a visita a Santos Cocinas
Lourenzá, 8 de maio de 2023. O candidato do Partido Popular á alcaldía de Lourenzá, Roberto Díaz, aposta polo desenvolvemento do tecido empresarial no municipio vinculado aos recursos naturais propios do territorio. Así o explicou coincidindo cunha visita do responsable de Medio Rural, José González, ao municipio sumándose a algunha das reunións que están a manter os populares co tecido produtivo laurentino para coñecer máis de preto as súas necesidades e telas en conta á hora de desenvolver o proxecto do Partido Popular para Lourenzá.
O PP de Lourenzá considera imprescindible apoiar o asentamento de empresas para xerar emprego e recuperar actividade no municipio. Nese sentido, interesáronse por coñecer o proxecto de Santos Cocinas que prevé poñer en marcha no próximo ano unha fábrica de mobiliario de cociña en madeira nunhas instalacións “novas, ben comunicadas, pola súa proximidade á autovía A-8, e con posibilidade de ampliación”.
Os populares explican, a este respecto, que “a Xunta está a traballar no fomento do uso e manexo da madeira no sector da construción e, recentemente, presentaba unha plataforma web, elaborada entre a Axencia Galega da Industria Forestal e o Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia”, con este cometido.
PRODUTOS DE CALIDADE DENDE O RURAL LAURENTINO
O alcaldable tamén destacou a calidade dos produtos do sector primario en Lourenzá ao que se compromete a “escoitar e atender” porque “o PP é consciente de que o agrogandeiro e o forestal son os principais sectores económicos do municipio”.
Os populares puideron coñecer todo o proceso de produción da faba, dende o cultivo á comercialización, da man dun produtor amparado pola IXP Faba de Lourenzá, un dos selos de calidade alimentarios galegos cos que a Xunta colabora de distintas formas: axudas dirixidas á nova participación de agricultores e gandeiros en réximes de calidade, axudas dirixidas aos consellos reguladores para o desenvolvemento dos programas de calidade ou para o desenvolvemento de plans de promoción. De feito, o conselleiro incidiu recentemente na importancia de abrirse a novos mercados nun encontro con representantes dos distintos consellos reguladores agroalimentarios de Galicia.
Igualmente, visitaron unha explotación leiteira para escoitar de primeira man a situación do sector. Nese sentido, abordaron a relación entre o prezo do leite e os custos de produción; ademais de falar do tratamento das dexeccións gandeiras e sobre distintas iniciativas e axudas impulsadas pola Consellería.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



