José Tomé acompañou á Ministra de Política Territorial e Voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, na visita que fixo este sábado á capital lucense, onde mantivo un encontro con maiores na Casa do Saber e percorreu o centro da cidade, xunto á Alcaldesa, o Secretario Xeral do PSdeG e o Delegado do Goberno en Galicia
Lugo, 6 de maio de 2023. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, acompañou á Ministra de Política Territorial e Voceira do Goberno de España, Isabel Rodríguez, na visita que fixo este sábado á capital lucense, onde mantivo un encontro con maiores na Casa do Saber e percorreu o centro da cidade, xunto á Alcaldesa, Lara Méndez, o Secretario Xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e o Delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gomez Besteiro, así como a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, os deputados no Congreso Ana Prieto e Javier Cerqueiro, e o Senador César Mogo, entre outros responsables orgánicos do partido, militantes e simpatizantes.
Durante a súa intervención no encontro con persoas maiores na Casa do Saber, o líder do PSdeG na provincia, Presidente da Deputación e Alcalde de Monforte destacou que os socialistas “sempre poñemos ás persoas no centro das políticas”, como demostra o Goberno de Pedro Sánchez con medidas “cun impacto especialmente positivo” para a cidadanía lucense como a subida das pensións conforme ó IPC, tendo en conta a poboación rural e cunha media de idade elevada da provincia.
Situar as persoas no centro das políticas é o que, subliñou José Tomé, fai o Concello de Lugo, con Lara Méndez, e o que “facemos dende o Goberno de progreso da Deputación, destinando a políticas sociais máis dun terzo do Orzamento da institución e impulsando, entre outros, un proxecto pioneiro e de referencia, como é a rede de centros públicos de atención a maiores, que abrimos en pequenos concellos do rural, que ofrecen unha atención de calidade e, ó mesmo tempo, crean riqueza e emprego no entorno no que se asentan”. Polo tanto, trátase dunha medida “social e eficaz fronte ó reto demográfico”.
O Secretario Xeral do PSdeG na provincia lembrou que neste mandato a Deputación expuxo ó Goberno de España o seu modelo de residencias e, de feito, a institución provincial foi a única do país invitada polo Presidente Pedro Sánchez á presentación do PERTE de Economía Social e dos Coidados celebrada na Moncloa.
Así mesmo, José Tomé recalcou que, co Goberno de progreso encabezado polo PSOE, a provincia de Lugo “recuperou a prioridade que merece e que necesita na axenda política deste país, deixando atrás largos anos de abandono e duro castigo cos anteriores gobernos do Partido Popular”. Neste sentido, puxo como exemplo as infraestruturas, lembrando que, logo do parón imposto polo Executivo de Rajoy, “con Pedro Sánchez o AVE chegou a Galicia e a Alta Velocidade chegará a Lugo”, grazas ó investimento histórico de 546M€ que ten mobilizado para a modernización da liña do tren Lugo-Monforte-Ourense e ó desbloqueo da Estación Intermodal, que esta mesma semana aprobou licitar o Consello de Ministros.



















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



