Non, non sae a conto.
‘Yo soy yo y mi circunstancia, [y si no la salvo a ella no me salvo yo]’ é unha coñecida frase (en particular, a primeira parte dela) de Ortega y Gasset. Soe tomarse iso, a primeira parte, como marco para dicir algo como que sen os demais non somos nós, en moi diferentes versións, intensidades e aplicacións, mentres a segunda é escatimada como accesoria. Mais, sexa cal sexa o uso que se faga da parte coñecida, esa segunda que puxen entre corchetes remacha que as circunstancias son esenciais para nós, que non é só que sexan algo que temos asociado, senón que dependemos delas.
Non fai falta un pensamento filosófico profundo ou enrevesado para comprender que as circunstancias da vida nos afectan. E entre esas circunstancias, están os demais, coas súas propias circunstancias. Os seres humanos comprendemos isto dende moitos moitos milenios atrás, o que fixo posible a sociedade, co desenvolvemento da empatía e os mecanismos de relación. Coa chegada de sociedades máis e máis complexas, e a formación de subgrupos no seu interior, parte do mantemento mutuo, base das relacións humanas, foise institucionalizado e esvaecéndose a súa sinal no radar persoal de cada un, esquecendo cousas como que somos iguais aínda que sexamos diferentes, e viceversa. Así, hoxe, deberes e culpas distribúense institucionalmente, rematando nun ‘ninguén’ no que non estariamos cando nos afecta negativamente (‘ninguén’ é culpable e se fai cargo da corrupción, ‘ninguén’ ten por que axudar a manter a vila limpa) ou nun ‘todos’ inclusivo tamén de nós cando podemos aproveitarnos (todos temos tantos dereitos como quen máis).
Así, as circunstancias poden variar moito dunha a outra persoa. Circunstancias que como na lotería da vida, poden, por exemplo, levarte á pobreza ou facilitarte a riqueza.
Os bancos sempre son rescatados,aínda que ti sexas desafiuzado, Sempre hai cartos para guerra aínda que a falta de educación fomente a inseguridade e condene á sociedade a un endurecemento da loita dos seus membros pola vida. A igrexa quéixase de recibir poucos cartos mentres nos hospitais hai curas e faltan médicos. Circunstancias que, como apuntaba Ortega, se non as salvamos, non nos salvamos. Circunstancias que veñen debuxadas por prioridades. Nós, a nós mesmos, sempre nos consideramos prioritarios. Mais, cabe pensar, e se a prioridade non es ti?
Ven o título a conto dun estudo onde se amosa que a pobreza custa millóns á sociedade en conxunto, e polo tanto custa riqueza a cada un, mesmos á xente rica. En España, cada ano, a pobreza infantil custaría á sociedade uns 63 000 millóns de euros. Non é nada novo: xa hai un par de decenios que Amartya Sen obtivo o Nobel de economía por amosar, tamén décadas antes, o mellor funcionamento económico das sociedades máis igualitarias, nas que o valor persoal está potenciado e potencia o conxunto dun xeito máis eficiente.
Estamos en eleccións. O ben común necesita políticas eficientes. Eficiencia que non vai da man da desigualdade, nin do ‘sálvese quen poda’, senón ó revés, da igualdade e do botar unha man polos máis. Dino os filósofos, e tamén os economistas. Traballaremos para que o pensen os políticos e obren en consecuencia?



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



