A Comisión Executiva Socialista reuniuse para elaborar a proposta de candidatos e candidatas a deputados provinciais que elevou á Comisión Provincial de Listas para a súa remisión á Comisión Federal, que deberá ratificalas, e da que se dará traslado tamén á Executiva Galega
Lugo, 14 de xuño de 2023. O Secretario Xeral do Partido Socialista na provincia de Lugo, José Tomé Roca, presidiu a Comisión Executiva Socialista que se reuniu para elaborar a proposta de candidatos e candidatas a deputados provinciais. Unha proposta que saíu adiante por unanimidade.
A relación de candidatos e candidatas elevouse á Comisión Provincial de Listas para a súa remisión á Comisión Federal, que deberá ratificalas. Así mesmo, tamén será comunicada á Executiva Galega do Partido Socialista.
José Tomé Roca asegurou que se trata dun equipo solvente que servirá para seguir “traballando e defendendo os intereses dos veciños e veciñas dos 67 concellos da provincia dende a Deputación de Lugo, apostando por políticas progresistas que melloren o seu día a día”.
Ademais, o Secretario Xera do PSdeG na provincia de Lugo asegurou que son persoas preparadas con diferentes perfís, tanto pola súa idade como pola súa traxectoria vital, o que de seguro, afirmou, se traducirá “nun moi bo traballo como deputados e deputadas provinciais”.
Os deputados e deputadas propostos pola Executiva do Partido Socialista da provincia de Lugo son as seguintes, por orde alfabética do Partido Xudicial:
Partido Xudicial de Chantada
Titular
1. María del Pilar García Porto
Suplente
1. Roi Rigueira Agromartín
2. Ana María Corredoira Vázquez
Partido Xudicial da Fonsagrada
Titular
1. Carlos López López
Suplente
1. Roberto Fernández Rico
Partido Xudicial de Lugo
Titulares
1. Miguel Fernández Méndez
2. Pablo Rivera Capón
3. José María Arias Fernández
4. Iván Castro Díaz
Suplentes
1. Sonia Fernández Pérez
2. Francisco Otero Besteiro
3. Ana María González Abelleira
4. José Jaime González del Río
Partido Xudicial de Lemos
Titular
1. José Tomé Roca
Suplentes
1. Begoña Vázquez Sánchez
Partido Xudicial de Mondoñedo
Titulares
1. Mayra García Bermúdez
2. Francisco Cajoto Caserío
Suplentes
1. María del Carmen López Moreno
2. José Luis Pajón Camba
Partido Xudicial de Vilalba
Titulares
1. María Sol Morandeira Morandeira
Suplentes
1. Daniel Irimia Yáñez


















Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



