As obras servirán para darlle unha nova imaxe a este espazo social e facelo máis accesible e cómodo para a veciñanza
Lugo, 16 de xuño de 2023. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación das obras para a humanización do Campo da Feira do Viveiró, en Muras, tal e como anunciou a voceira socialista do Goberno en funcións, Pilar García Porto, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Executivo.
Estes traballos, que se levan a cabo a través dunha colaboración entre a Deputación de Lugo e o Concello de Muras, foron adxudicados por un importe de 401.089,03€. “Deste orzamento, a Deputación de Lugo achega 371.200€ (o 92,56%), mentres que o Concello asume o 8% restante (29.800€)”, explicou García Porto.
“Esta colaboración económica servirá para darlle unha nova imaxe e para facer máis accesible e cómodo para a veciñanza un espazo social tan importante como o Campo da Feira do Viveiró, que acolle eventos importantes para este municipio e para a comarca como pode ser a Feira do Mel”, recalcou a Voceira socialista.
O proxecto para esta zona, pola que transcorren dúas estradas de titularidade da Deputación (a LU-P-3402 e a LU-P-6502), consiste na substitución da rede de saneamento, de pluviais, da rede de enerxía eléctrica, da rede de telecomunicacións e o alumeado público.
Así, mesmo renovarase o firme da superficie destinada a tráfico rodado e peonil, dando continuidade ao espazo co estendido de formigón igualando ambas zonas. Tamén se plantarán árbores de diferentes especies, como acivros, castiñeiros, carballos, pradairos ou loureiros.
As obras serán realizadas pola empresa Novavial SL e teñen un prazo de execución de 2 meses e 15 días, reducindo en dúas semanas os tempos de licitación. “Esta actuación é unha mostra máis da continua colaboración que dende a Deputación de Lugo prestamos aos 67 concellos da provincia para que poidan ofrecer máis e mellores servizos ós seus veciños co obxectivo de fixar poboación no territorio”, asegurou a Deputada.
Mellora de estradas
A Xunta de Goberno de hoxe aprobou tamén a valoración definitiva das obras de emerxencia acometidas na estrada provincial LU-P-0408, da Fonsagrada a Baleira por A Lastra, ao seu paso sobre o río Castelo para reparar os danos provocados polas choivas. O coste da actuación ascende a practicamente 75.000€.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



