ADEGA pula polo “Principio de Precaución” ante a nefasta experiencia doutros países europeos coa eólica mariña e o descoñecemento científico sobre os seus efectos
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2023. O parque “Breogán”, promovido por Capital Energy Offshore SL, é o último tramitado até o de agora polo Ministerio de Transición Ecolóxica e coincide no mesmo espazo mariño co “Galwind”, presentado hai 6 meses.
Dende ADEGA temos reclamado en múltiplas ocasións que sen ter modificado o marco legal (Real decreto 1028/2007, do 20 de xuño, polo que se establece o procedemento administrativo para a tramitación das solicitudes de autorización de instalacións de xeración de enerxía eléctrica no mar territorial) nin concluído a planificación do sector (o POEM é o marco xeral que precisa ser desenvolto para cada actividade), o Ministerio debería aplicar a súa propia moratoria (disposición adicional terceira do RDL 12/2021) e non tramitar ningún parque eólico mariño.
Porén, non só se trata do oitavo proxecto admitido a trámite nas costas galegas, senón que “Breogán” pula por ocupar a mesma área mariña que o “Galwind”, presentado a finais do ano pasado. Xa que logo, aumenta a presión sobre os ecosistemas mariños e semella que definitivamente estamos diante dunha auténtica febre do megawatio offshore, na que as empresas compiten entre si por coller sitio antes de que conclúa a planificación do sector.
A recente convocatoria de eleccións estatais introduce outro factor de incertidume para o sector pesqueiro e mesmo de inseguridade xurídica para as empresas eólicas. Co marco normativo pendente de actualizar e a planificación sectorial inconclusa e eivada, que vai acontecer cos proxectos en tramitación? Outra razón máis para decretar, como temos reclamado reiteradamente organizacións ecoloxistas e gremiais, unha moratoria efectiva e inmediata para os proxectos enerxéticos no mar.
Principio de precaución fronte os incertidumes e os efectos negativos detectados en parques experimentais
Nunha recente xornada de debate sobre a pesca e a eólica mariña en Europa, organizada polo grupo Verdes-ALE no Parlamento Europeo, púxose de manifesto o grave problema que para os ecosistemas mariños e os recursos pesqueiros representa o actual “boom” da eólica no mar.
Casos de Bretaña, Países Baixos ou Suecia puxeron de manifesto que os parques mariños estanse a desenvolver de xeito pouco transparente e xa hai exemplos de que onde se implantaron, a convivencia co aproveitamento tradicional dos recusos resulta imposíbel. O caso portugués é paradigmático: segundo Nuno Teixeira, voceiro da Federaçao dos Sindicatos da Pesca, o parque experimental de Viana escorrentou o peixe arredor do polígono e da liña de evacuación.
Dende ADEGA insistimos na existencia de graves incertidumes e descoñecemento científico sobre os efectos destes aproveitamentos enerxéticos nos ecosistemas mariños, o que por si só debería activar a aplicación do Principio de Precaución, consagrado no tratado fundacional da UE. Continuar ignorando este feito podería conducir a outro “fracaso ambiental” tal como aconteceu en moitos casos coa eólica terrestre en determinados territorios como Galiza.



















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



