“Fixemos balance da última edición da feira náutico pesqueira, que se celebrou en maio e que foi un éxito. E falamos sobre a vindeira cita que ten a Fundación, que é Produart. Queremos que sexa unha referencia comarcal e provincial”. Llano engadiu que “a Fundación Expomar ten garantía de futuro e quere apostar forte por Burela e polo sector pesqueiro”. Alfredo Llano agradeceu o traballo realizado polos seus integrantes ao longo destes últimos oito anos.
