Os mellores debuxos foron os de Blanca Ínsua Prieto, Irene Lago-Orcazberro López e Carlota Oroza Díaz. Respecto ás narracións, as mellores foron as de Carlota Oroza Díaz, Inés Mariño Gómez e Diego Ávalos Gato. Os nenos e nenas estudan no Colexio Lois Tobío de Viveiro. “Dende o Concello de Viveiro agradecemos a boa acollida do certame, traslando os nosos parabéns a todos os participantes; tamén agradecemos a colaboración dos centros educativos nestas iniciativas”, sinala Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura en funcións.
Entregados os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023 de Viveiro na súa categoría B (de 9 a 11 anos)
Entregados os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023 de Viveiro na súa categoría B (de 9 a 11 anos)
Relacionado
-
As filloas volverán ser as protagonistas este 1 de maio en Muimenta grazas ao apoio da Deputación
-
Mariña Gueimunde: “A deriva económica na que o goberno local ten o Concello de Viveiro obriga a empregar o 100% do remanente de tesourería para pagar facturas pendentes do 2023”
-
Deseñada e definida unha modificación das frecuencias, paradas e rutas para o novo bus circular de Viveiro