A Xunta de Galicia, que activou no 2019 un plan para mellorar a cobertura móbil en zonas illadas, xa concedera o pasado mes de abril a autorización para a instalación da torreta en Fórnea
Trabada, 27 de xuño de 2023. O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, urxe á alcaldesa a asinar a adhesión do Concello ao convenio ente a Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) e a FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias); xa que é “imprescindible para a instalación dunha torreta de telecomunicacións que permita resolver os problemas de cobertura móbil na parroquia de Fórnea”.
O popular explica que “demorar esta adhesión prexudica aos veciños e veciñas da parroquia que carecen de cobertura móbil, un servizo que é fundamental para facilitarlles as comunicacións e tamén para diminuír as limitacións para desenvolver o traballo habitual nas explotacións gandeiras; xa sexa para o funcionamento dos robots de muxido coma para realizar outro tipo de xestións”.
Fernández explica que “é imprescindible para que a Amtega -dependente da Xunta- inicie canto antes as obras de instalación” do dispositivo, unha medida que se encadra dentro do plan que a Xunta activou en 2019 para mellorar a cobertura móbil en zonas especialmente illadas.
A Xunta de Galicia concedía o pasado mes de abril a autorización para a instalación da torreta de telecomunicacións sinalando unha parcela municipal situada nesta parroquia como lugar idóneo. Tras aportar a necesaria documentación, “falta o último paso previo á súa instalación”: a adhesión do Concello de Trabada ao convenio marco de colaboración entre a AMTEGA e a FEGAMP para a posta en marcha de actuacións encamiñadas a mellorar a cobertura de comunicacións móbiles no rural de Galicia.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



